«
»

CRONICA RONDA1 – (10-01-2015) SEGUNDA D

 SEGUNDA D

CXF LA MARINA 2-CXF DEPORTES RODAS 2

Reparto de puntos entre los equipos veteranos de 2ª. Pero nadie regaló nada. La última partida en acabar (1ª mesa) cerró la jornada. Nesta primeira rolda nos enfrentamos os dous equipos do clube que estamos neste grupo de segunda, “A Marina”, que exercía de local, e “O Ro-das”. Os locais presentaron no seu equipo a Alex Vilas de primeiro taboleiro, que por si alguén non o coñece criouse, axedrecisticamente falando, na canteira do clube e que despois dus cantos anos por Madrid, volve a xogar con nosco, benvido a túa casa. No segundo e terceiro taboleiro uns clásicos deste equipo como son Quique Lago e Antonio Jerez e no cuarto reforzaronse con un dos mellores xogadores de todalas terceiras como e Manolín Vallejo.

O equipo visitante presentou a tres dos xogadores que o ano pasado conseguiron o ascenso a segunda: Xurxo no segundo, Bouzas Collazo no terceiro e Xabier Novales no cuarto, xunto coa incorporación este ano de Carlos Diz na primeira mesa.

As partidas comenzaron á hora de sempre e foron, por orden de finalización, mais ou menos así:

A primeira en rematar foi na mesa tres. Xogaron unha defensa Escandinava, de maneira tranquila ata o medio xogo, no que Antonio cometeu un erro táctico deixando sen xogo un alfil, e perdendo despois calidade ao no percatarse dunha amenaza de mate. Ante este panorama Bouzas Collazo xogou con calma, para non cometer ningún error que lle costara a partida e o pouco a vitoria decantouse para as negras.

Case ao mesmo tempo rematou o encontro entre Xurxo e Quique. Un ataque torre plantexado polas brancas foi respondido por unha defensa Holandesa. A partida transcurría igualada, con lixeira ventaxa branca ata que nun erro de cálculo Xurxo deixou encerrado un alfil que acabou perdendo. De ahí en diante as brancas buscaron chances para conseguir dar a volta e algún tiveron, pero Quique xogou con calma e precisión e logrou o triunfo.

Arredor das oito finalizou a partida no cuarto taboleiro. Xabi plantexou un ataque torre que foi respondido por Manolín co que me pareceu unha India de Rei. Ata o medio xogo a cousa estaba igualada, pero nun momento as negras conseguiron ventaxa, tanto de calidade: Torre e peón contra cabalo, coma posicionalmente. Parecía cuestión de tempo, e non de moito, que as negras gañasen. Pero non foi así. Xabier non se moveu da súa silla, defendeuse como gato panza arriba, exprimindo todas as súas posibilidades, sen desanimarse nin por un instante, logrando igualar a partida e poñendo contra as cordas a Manolín. O final reparto de puntos.

Tivamos que agardar ata preto das nove e media para rematar a xornada, xa que na primeira mesa ningún dos dous contendentes quería dar o seu brazo a torcer. Xogaron unha defensa Rusa, na que Carlos, con negras, saiu ben da apertura, con lixeira ventaxa, pero Alex demostrou que neste tempo non so non se lle olvidou xogar o xadrez, senón que mellorou, conseguindo mellorar a súa posición e conseguir unha ventaxa importante. Con este panorama entrouse no tramo final: Carlos inferior no taboleiro e con apenas dous minutos de reloxo mentras que Alex tiña media hora. Pero Carlos demostrou que é un gladiador do taboleiro e xogando ao límite de tempo, sen desconcentrarse nin un segundo, logrou unhas tablas que case se antoxaban imposibles.

Con este resultado os dous equipos comenzamos con moral a competición, nun grupo moi duro no que non hai ninguha cenicienta e no que teremos que loitar ata o último minuto para salvar a categoría.

La crónica, a cargo de uno de los protagonistas, Fco Javier Bouzas Collazo

 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2015

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:
Liga 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.