«
»

NOCTURNOS DE VILAGARCÍA

Inscritos: La Marina Casa Rocío Centro Comercial Arousa

Co verán volven os desexados torneos nocturnos que organizamos desde o noso club. Hogano teremos dous torneos no mes de Xullo e outro en Agosto.

O primeiro é o clásico, o que sempre empeza a tempada, o que xa vai pola décimo quinta edición, o da Marina, que se xogará o sábado 15. No seguinte venres, o 21, xogarase por segunda vez o de Casa Rocío. Finalmente, o 25 de Agosto xógase o do Centro Comercial Arousa, tamén na súa segunda edición.

Este ano cambiamos o formato e xogarase un único torneo a partir das 9 do serán, a 7 rondas de 10 minutos. Non haberá torneo infantil pero si haberá trofeos para os tres primeiros clasificados veteranos, sub18 e sub12. Amáis dos premios para os 5 primeiros na clasificación final e un premio feminino que será acumulativo.

Esperamos que os torneos sexan do voso agrado e que nos vexamos todos para disfrutar do noso deporte favorito.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.