XV Open Xadrez McDonalds Vilagarcía e peche do Circuito Promoción
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.29_1a813379.jpg)
O pasado sábado xogouse o XV Open Xadrez McDonalds Vilagarcía que congregou ós mellores xadrecistas de promoción de Galicia para o derradeiro torneo deste ano e a entrega de premios do Circuito Promoción. Foron en total 268 os xogadores inscritos, entre os 154 de promoción e os 114 da categoría absoluta. Entre eles, 12 chegados de Portugal.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-11-a-las-11.43.13_0c0b6cdc-1-1024x768.jpg)
O local de xogo e das cerimonias de entrega de premios, tanto do circuito como do torneo, foi o Auditorio Municipal de Vilagarcía. Por mor doutras actividades esta vez os xogadores das categorías absoluta e sub14 tiveron que xogar no segundo piso, desde o que puideron gozar dunhas magnífcias vistas á ría e porto de Vilagarcía.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.36_c0836c67-1024x768.jpg)
A competición e a súa preparación foron un reto para o club, pois a loxística andivo moi axustada, tanto no plano material como no persoal para a montaxe e desenvolvemento do evento. Apenas un par de días antes foi preciso que o Concello nos reservara máis sillas e mesas.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.31_74aab972.jpg)
En canto o deportivo, en varias categorías xogábase a clasificación final no Circuito Promoción. En sub 8, os tres primeiro clasificados no circuito tiñan 86, 84 e 82 puntos, polo que calquera cousa era posible.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.33_5303476f-768x1024.jpg)
Finalmente, Noé Diz, do CA Padrón gañou o torneo e non deu opción ós seus rivales a acercarse na clasificación do circuito. No segundo posto quedou Mateo Rey, do CA Lucena, o que lle permitiu rebasar a Telmo Vicente (Xadrez Rianxo) na clasificación xeral; o seu terceiro posto valeulle para asegurar o terceiro posto do circuito. O premio feminino foi para Ariadna López, da Escola de Ames, que foi 11ª no toreno e 7ª do circuito.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.30_b1e77f57.jpg)
O mellor clasificado do CX Fontecarmo foi Ero Carballa, un pequeno incorporado hai meses ó noso club que veu con moito gusto polo xadrez; xusto por detrás del, Alvaro Freijeiro, quen xa leva máis tempo no club, e xuntos poden ser o xermolo dun gran equipo.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/402079827_741430834681195_5202154927210793108_n-1-1024x449.jpg)
En sub 10, pola contra, a clasificación final do circuito xa estaba decidida e Javier Lema, o campión do CA Padrón, decidiu xogar unha categoría superior; e David Alvarez, do CA Lucena, a categoría absoluta. O terceiro posto xa estaba decidido para Marcos Iglesias, quen xogou o torneo e rematou en 4ª posición.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.30_49749eb2.jpg)
Na clasificación do torneo, o campión foi o porgugués Tiago Frutuoso, con Miguel Casado (EX Pontevedra) de subcampión e Isaac Blanco (CVC Valladares) de terceiro clasificado. No circuito, o premio para a campiona foi para Zaira Campello, do Xadrez Oroso, no 12º posto e sétima en Vilagarcía. O noso xogador Lois Roo foi o mellor clasificado do club, no sexto posto.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/402079827_741430834681195_5202154927210793108_n2-1024x575.jpg)
A categoría sub12 tamén mantivo a emoción hasta o final. Tivemos que agardar ó remate do torneo para definir o terceiro e cuarto posto. Os primeiros postos xa estaban decididos pola ventaxa que sacara Luis Barreiro (Escola Luguesa) a Nicolás Fernández (EX Compostela), quen xogou o sub14 ó ter o posto xa asegurado.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.34_d091ba2b-1024x768.jpg)
Noa López (Xadre Marín) e Joel Cid (CD Xadrez Ourense) empezaron o torneo como terceira e cuarto clasificado, pero un bo resultado de Joel permitiulle sumar 7 puntos acadando o terceiro posto, mentras que Noa pasou o cuarto e ficou como campiona feminina.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.30_84b989d5-1.jpg)
No podio do torneo, por outro lado, foi o campión Dinis Neto, do equipo portugués Colègio Efanor. Canda el estivo Javier Lema, o campión do circuito sub10, e Mateo Troiteiro, da EX Compostela. Miguel Freijeiro foi o mellor clasificado do CX Fontecarmoa.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-18.35.28_ba0a248f-1024x768.jpg)
A categoría sub14 comezaba con todo o peixe vendido de cara o circuito. As diferencias de puntos eran insalvables o que facía que xa estiveran decididos os tres primeiros postos e o premio feminino. Isto fixo que o campión, Iago Fernández (CX Marquiño) decidira xogar a categoría absoluta onde acadou o subcampionato.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.33_00fb981a-1-1024x768.jpg)
Os segundo e terceiro clasificados foron os irmaos Ricardo e César Oubiña, e a súa compañeira no CX Fontecarmoa Irene Diz foi a campiona feminina.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.32_6f9dfa9b.jpg)
No torneo, o campión foi Jorge M Martí, da ETX A Coruña, mentres que os irmaos César e Ricardo intercambiaron os postos do circuito para seren segundo e terceiro na clasificación final.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.31_0db71b26.jpg)
Rematamos coa categoría absoluta, onde a xuventude pide paso con forza: os 4 primeiros clasificados son menores de 20 anos. Se ben é certo que algúns dos xogadores máis fortes retiráronse a última hora da competición, entre os que queremos facer unha mención especial a Alberto Eyo e os seus compañeiros.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.33_3ed5b66b-1024x768.jpg)
Con estas salvedades, que non lles quitan méritos, o campionato foi para Rubén Fernández, o Mestre Fide vigués da EX Pontevedra. Estiveron con el Iago Fernández á súa dereita e Antón Quntás da USC á súa esquerda. O cuarto e quinto postos foron para Lucas Rey e David Suárez, ambos os dous do CX Fontecarmoa.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.33_81c4eec4-1024x768.jpg)
Ademáis, levaron premio Carlos Reboredo do ACD Albatros, como campión veterano e 26ª na xeral. O premio feminino foi para Noa Costas, do Xadrez Mos e 59ª entre os 114 inscritos. Os premio por tramos de idades marcharon tamén para Mos, con Oscar Fernández en sub18 e Xabier Pérez en sub16; ambos nos postos sétimo e oitavo na clasificación, a piques de entrar no podio xeral.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/401496607_741430928014519_6495207690560082086_n-1024x455.jpg)
A entrega de premios do torneo e do Circuito Promoción foi na sala principal do Auditorio Municipal. Alá fixemos un percorrido por todo o que foi o circuito e todos os torneos que houbo, da mao de Julio Torrado ó micrófono e José Maneiro no control de son. Non podemos facer máis que agradecer ó Concello por cedernos esta magnífica instalación para a entrega de premios e a cerimonia de clausura do XVI Circuito Promoción.
![](http://www.cxfontecarmoa.com/wp-content/uploads/2023/11/Imagen-de-WhatsApp-2023-11-12-a-las-19.51.34_e4900b4b-1024x523.jpg)
Tamén temos que agradecer o patrocinio de McDonald’s que fixo posible a organización do evento e aportou vales desconto para o seu restaurante, que dada a cercanía e o día que tivemos foi a ledicia de máis de un.
E coma sempre, agradecer a asistencia de todos porque sodes o motivo de organizar estes eventos. Esperamos que disfrutárades do torneo, pasarades un bo día malia a incesantes choiva e que nos volvamos ver todos nos seguintes eventos do xadrez.