«
»

XXIX MEMORIAL ADOLFO PEDRIDO

Un ano máis xogamos o Memorial Adolfo Pedrido, un gran impulsor do xadrez en Vilagarcía, o Salnés e podemos dicir que en Galicia. Pois calquera semente que brota en terra fértil acaba floreando e producindo máis froito e máis semente que acaba espallando o noso xogo-ciencia.

A sala de xogo quedou moi xeitosa

Tivemos unha moi boa participación, con máis de 200 xogadores, 209 para sermos exactos dos que 110 participaron na categoría absoluta e 99 nas categorías de promoción. E estiveron acompañados polos seus familiares e amigos, e xunto coa organización fomos máis de 300 as persoas que estivemos na praza da Peixería.

Os participatnes do club diatne do Milongas, un dos nosos patrocinadores

E ás portas quedou moita máis xente, sobre todo pola mañá pois os sábados hasta o mediodía hai mercado e estivemos compartindo a rúa cos postos. Pola tarde, xa recollido, ficou a rúa para o noso lecer entre partidas.

Podio sub8

En canto á competición, a categoría sub8 rematou cun empate a 6 puntos entre Mateo Rey e Telmo Vicente. O enfrontamento particular decidiu e fixo ó campión ó xogador do Lucena, mentres que o rianxeiro Telmo foi subcampión. Canda eles estivo no podio Yago Brea con 5 putnos, do Xadrez Mos.

Podio sub10

Foi unha coincidencia que en sub10 pasase o mesmo. Os dous primeiros clasificados fixeron tamén 6 puntos e decidiu a posición o enfrontamento particular e o terceiro posto costou conseguir 5 puntos. Neste caso foi o xogador da Escola Luguesa Marcos Iglesias quen gañou empatado con Javier Lema do CA Padrón. E o terceiro posto foi para Isaac Blanco, do CVC Valladares.

Podio sub12

A categoría sub12 non precisou dos desempates para definir o campión e o subcampión. Con 6 puntos levou o primeiro premio Luis Barreiro, tamén da Escola Luguesa. Medio punto menos, 5’5, foron os que fixo Noa López do club de Marín; e con 5 puntos Maia Pérez Sousa, do club Xadrez Mos foi a terceira gracias ó seu mellor Buchholz.

Podio sub14

En sub14 o reducido número de participantes fainos reflexionar sobre a comenencia de reducir o número de rondas. Por un lado, cantas máis mellor, máis parecido é a unha liga (a competición ideal); por outro, os emparellamentos da últimas rondas e da derradeira soen traer sorpresas. No post torneo tivemos unha animada charla sobre o emparellamento da derradeira ronda, que hasta o árbitro quedou en facela a mao para podela entender.

Evidentemente estaba ben, e curiosamente rematou como sub8 e sub10, con dous xogadores empatados a 6 puntos entre os que decidiu o enfrontamento particular e o terceiro con 5 puntos. O campión foi Ricardo Oubiña, que gañou ó seu irmao que ficou segunro, César Oubiña, ambos os dous do CX Fontecarmoa. O terceiro clasificado foi Aarón Gómez, tamén do noso CX Fontecarmoa.

Podio absoluto

A categoría absoluta tivo un claro vencedor, o MI Julio Suárez, quen gañou as súas 7 partidas. O xogador do CX Fontecarmoa está amosando que está en gran estado de forma e non deixou escapar nin medio punto. Por debaixo del, con 6 puntos houbo un triplo empate a 6 puntos que se resolveu con Buchholz brasileiro: foi subcampión o MF Xulio del Prado do Xadrez Ourense, terceiro o MC Samuel Villar e cuarto o MF José Antonio Sande, do Gijón Ajedrez 64.

En canto os tramos de elo, en sub2000 o mellor foi Antonio Pampillón, do Xadrez Mos. Segundo foi o MC David Tores do Breogán e quedou terceiro o portugués do Estareja Carlos Andrade, En sub1800  os tres primeiros postos foron para Rubén Garrido, do Lucena; Agustín Aboy, do Xadrez Rianxo; e Oscar Victorero do CX Fontecarmoa.

Podio feminino

Na clasificación feminina levaron os trofeos Karen Zapata, tamén do Xadrez Rianxo; Andrea Dorado e Paula Suárez, as dúas representantes do CX Fontacarmoa. E os premios para os veteranos maiores de 55 anos foron para o Mi Rafael Rodríguez, xogador independente; Benjamín Abreu, do Xadrez Marín; e Carlos Diz, ainda que da Illa xogador do CX Fontecarmoa.

Podio veterano

Con isto e tras os sorteos de agasallos entre os participantes de promoción, demos por finalizado o torneo. Teremos a vindeira cita no peche do circuito en Novembro co torneo do McDonald’s. Gustaríanos da vosa participación no torneo e de que pasarades un bo día na nosa vila e que nos volvamos ver para xogar unhas partidas.

Os sorteos son a ledicia dos cativos, sobre todo do que levou a bicicleta

E como sempre, rematar agradecendo a participación e asistencia de todos os xogadores e acompañantes, ós nosos socios pola súa colaboración na organización e recollida de todo o  material empregado e o Concello e a Fundación de Deportes, sen os que este evento sería imposible.

Gracias a todos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.