«
»

SOCIAL 2024

Un ano máis xogamos o social do noso club, no que preto de 80 membros nos xuntamos na Praza da Peixería para ter a nosa reunión anual na que conmemoramos o inicio da nova tempada. E houbo moita máis xente, pois os cativos estiveron acompañados polos pais e os maiores por familiares e amigos.

A sala de xogo tras rematar a montaxe

Tivemos sorte co tempo pois foi un día solleiro, o que leva consigo que cando baixou o sol notouse como arrefriaba, non sendo poucos os que botaron mao dos abrigos.

A participación foi máis ou menos como anos anteriores pero botamos de menos a moitos compañeiros que non puideron asistir. Uns por traballo, outros por estudios e outros por enfermidade. Tamén houbos moitos, sobre todo nos máis pequenos, que só xogaron as partidas da mañá ou da tarde por ter outras actividades.

Este era o recuncho dos trofeos, onde todos queríamos chegar

Ainda así, moitos que non puideron vir xogar acercáronse a última hora a ver as últimas partidas e tomar logo uns petiscos entre amigos. Sempre é agradable ver ós compañeiros despois de tanto tempo sen coincidir nas actividades do club.

Os primeiros en acabar foron os pequenos, como sempre. Son menos e teñen máis ansia por xogar: Beltrán estaba enriba do árbitro reclamando os emparellamentos, que xa iba ser hora de empezar. Os maiores levamos outro ritmo, e aparte de facer partidas máis longas había tamén ganas de falar polo que os horarios cumprímolos moi xustiños.

Todos os rapaces levaron unha medalla de recordo da súa participación, agás os tres primeiros de cada categoría que formaron os podios e gañaron unha copa. Xogaron todos xuntos, pois non eran tantos como para poder facer categorías separadas. En sub 8 foron Liam Puceiro, Darío Fernández e Asier Cores. Na categoría sub10 o campión foi Ero Carballa, acompañado por Adan Ramírez e Ares Gómez. Na categoría sub 12 o campeonato levouno Lois Roo, xunto con Miguel Leiro e Alvaro Marful.

Podio absoluto, cos tres primeiros, primeira feminina, sub18 e veterano

Na categoría absoluta o dominio foi de Mestre Internacional e capitán do equipo de división de honra Julio Suárez. Gañou as súas 8 partidas e quitoulle unha vantaxe de 2 puntos os 4 seguintes clasificados. Entre eles o subcampión David Suárez, o terceiro clasificado Gonzalo Bouza-Brey e a primeira clasificada feminina, que foi Irene Diz na cuarta posición.

O quinto en discordia foi Juan Bahamonde. O campión veterano foi Jorge Luis María, que acadou o posto 16º na xeral e o mellor sub18 foi Aarón Gómez, sexto na xeral.

E despois da entrega de premios fomos calmar o apetito despois de tantas horas de xogo. Algúns, como o GMC Juan Graña, rabeaban ca fame xa na séptima ronda. O MG Raúl, estaban exultantes pola organización e por terminar o torneo invicto.

Moitos máis contos se botaron e todos aproveitamos para parolar e poñernos ó día dos amigos dos que había tempo que non falabamos. E tamén para que os novos membros da familia se vaian incorporando á parte máis lúdica do club.

Podemos estar orgullosos pola colaboración de todos no evento, tanto polas aportacións feitas para o pincho final como para o Banco de Alimentos, para o que tiñamos preparada unha mesa para as doacións.

E rematamos agradecendo ó Concello a cesión da Peixería para o noso torneo Social e a todos os participantes pola súa participación, tanto como xogadores, como pais dos xogadores e na montaxe e recollida final. O club somos os socios, e os socios somo quen facemos posible un club como o noso.

¡¡¡A vindeira tempada máis e mellor!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.