«
»

Campionatos Provinciais

Volveron os campionatos provinciais no seu formato tradicional tras o Covid. O ano pasado, polas restricións, xagáranse a ritmo rápido de 15+5

O local do que dispoñemos foi a Praza da Peixería. Ten un ambiente moi agradable e os rapaces aproveitan a rúa semipeatonal para os partidos de fútbol entre rondas. Algún pai tamén aproveitou para darlle uns toques ó balón.

A Praza da Peixería durante o campionato, cos sub8 que xa remataron as partidas

No aspecto deportivo, este primeiro fin de semana xogáronse as categorías sub8, sub14 e sub18, amáis da primeira parte da categoría absoluta que van volver o vindeiro domingo. En total foron 124 xogadores inscritos, malia que houbo algunha baixa durante o desenvolvemento da competición, maiormente por enfermidade.

Podio sub8

Na categoría sub8 foron 16 cativos os inscritos. Fixeron unha boa participación, no que nos gusta salientar que non houbo demasiadas ilegais para a súa idade, de 7 e 8 anos.

Despois das 7 rondas establecidas, levou o campionato Mateo Rey, quen contou as súas victorias por partidas. Yago Brea, compañeiro de mateo no CA Lucena, foi o subcampión, e canda eles estivo Alvaro Seoane, da EXP

Podio sub14

A categoría sub14 xogaron as tardes do sábado e domingo, e particaparon 29 xogadores. Nesta categoría non houbo baixa algunha, con só tres rapaces que pediron algún bye na primeira xornada.

A loita foi moi emocionante. Tras o empate de Diego Ibáñez na terceira ronda, gañou todas as partidas do domingo. A derradeira partida da categoría entre Diego e Ricardo Oubiña decidiu o triunfo: a victoria de Diego levouno ó primeiro posto mentras Ricardo acababa de terceiro. No medio meteuse César, o irmao de Ricardo, quedando no CX Fontecarmoa a prata e o bronce da categoría.

Podio sub18

A categoría sub18 soe contar con pouca participación, e foron nesta ocasión 13. O gran favorito era Juan M Martínez, do EXP, quen finalmente gañou o campionato. Amosou a súa categoría remontando a segunda partida cunha peza de menos hasta conseguir medio punto. Finalmente, na ú´ltima, outras táboas abondáronlle para gañar. O seu rival, Luca Rey, do CX Fontacarmoa, tamén se sobrepuso a un mal comenzo para finalizar no segundo posto. Completou o podio Oscar Sanjuan, do CX Mos.

Nestas categorías que remataron fíxose a entrega de trofeos ós tres primeiros clasificados. Foi orrdor das 8:30 da tarde, tras rematar as derradeiras partidas. Paticiparon neste acto, amais dos premiado, Miro Serén (Presidente de la Fundación de Deportes), José María González (Concelleiro de Seguridade Cidadá), Angel Vilas (Vicepresidente da Federación Galega de Xadrez) e Myrian Gómez (Vicepresidente do CX Fontecarmoa).

Un momento do campionato

A categoría absoluta, ainda en xogo, xa vai facendo a súa selección. Na metade do campeonato só quedan dous xogadores con todos os puntos disputados, Mauro Sanroman e Rubén Fernández.

A tan só medio punto están Rafa Rodríguez e Manuel Fungueiro, agardando a súa oportunidade para achgarse á cabeza da táboa. E outros oito xogadores aspiran tamén ó podio con tres puntos, entre os que está Andrés Varela, campión do noso torneo social. O vindeiro domingo teremos o desenlace deste torneo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.