«
»

CAMPIONATOS PROVINCIAIS: segundo fin de semana

Co segundo fin de semana de competición rematan os provinciais deste ano. Unha fin de semana que empezou con problemas por atoparmos pechado o almacén onde gardabamos todo o material

O bo foi que o sábado era unha xornada tranquila, xa que só xogaban os rapaces da categoría sub16. Por seren poucos fixemos a montaxe dos seus taboleiros decontado e o resto foi con máis calma. O domingo, en cambio, xuntáronse preto de 200 xogadores máis as familias dos pequenos que participaron. En fin, un gran ambiente na Peixería cun agradable día de temperatura pracenteiro.

Podio sub10

A categoría sub10 contou cunha gran participación: foron 55 cativos os que participaro. David Alvarez non deu opcións ós seus rivais o gañar todas as súas partidas, algunha delas moi disputada e que acaparou a atención do público.

O segundo posto na clasificación foi para o seu compañeiro do CA Lucena Mateo Rey, que viña de gañar a categoría sub8. Con eles estivo no podio mateo Burgo, do Xadrez Mos. O mellor xogador local foi Lois Roo na sétima posición.

Podio sub12

En sub12 tamén foron moitos os xadrecistas, 57 en total. Tras a retirada do favorito, Diego Ibáñez, aproveitou a ocasión Noa Freiría, do Xadrez Marín, que con 6 puntos acadou a primeira posición tras os desempates. A segunda posición foi para Yeray Fernández, do CD Portas, tamén con 6 puntos. O terceiro posto gañouno Adrián Argudín, do Xadrez Mos, completando así o podio.

Por parte do noso club, só participaron 4 xogadores, dos que o mellor clasificado foi Gael Roch Czarnecki, na séptima posición.

Podio sub16

A categoría sub16 xogouse as tardes do sábado e do domingo. Quedou un pouco deslucida por haber só 15 xogadores. Pola contra, a competición foi máis disputada pois deu a oportunidade de que todos os que optaron ó podio xogaran entre si.

Como curiosidade, o CX Fontecarmoa participou con 4 xogadoras, sen que houber ningún rapaz entre elas.

Finalmente, tras un triple empate, o triunfo foi para Oscar Fernández, do Xadrez Mos. Xunto a el estiveron Irene Diz á súa dereita e Xabier Pérez á súa esquerda, do CX Fontecarmoa e Xadrez Mos respectivamente. ´É salientable a actuación de Paula Gómez, na que unha derrota na derradeira partida relegouna á cuarta posición.

Podio da categoría absoluta

Tras o descanso da semana pasada, o domingo retomouse a categoría absoluta. Houbo unha loita moi emocionante na que en cada ronda abríanse novas posibilidades.

Tras a oitava ronda dous xogadores tiñan 7 puntos, tras gañar todas as partidas e facer dúas táboas, mesmo entre eles. O buchholz brasileiro determinou que Mauro Sanromán, do Xadrez Mos, fose o vencedor, quedando en segundo lugar o Maestro Internacional Rafael Rodríguez.

Cun punto menos, do club Breogán, quedou en terceira posición David Torres, quen só perdeu a súa partida contra Mauro. Non puido estar presenta na cerimonia de entrega e recolleu o trofeo o seu compañeiro Heladio, entre cholas e brincas por mor de que por fin recollía un premio.

O sábado só competiu sub16; o resto dos taboleiros, xa montados agardaban en silencio…

Entre a numerosa participación dos xogadores do club pódese citar a Gonzalo e Adrián Betanzos, con 5’5 puntos, Andrés Varela con 5 e David Suárez con 4’5. Tamén os 3 puntos de Antonio Jerez e a gran actuación do Gran Maestro de Corrubedo e a nosa superveterana Isabel.

O acto de entrega de premios foi sobre as oito e media, no que nos acompañaron Miro Serén (Presidente de la Fundación de Deportes), Angel Vilas (Vicepresidente da Federación Galega de Xadrez e Secretario do CX Fontecarmoa) e Myrian Gómez (Vicepresidente do CX Fontecarmoa).

Con esto despedimos os Campionatos Provinciais de Pontevedra hasta o ano que ven. A partir de agora xa miramos para os seguintes compromisos, en primeiro lugar os Campionatos Galegos do Entroido e no seguinte fin de semana empeza a liga.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.