«
»

CRONICA RONDA8 – (07-04-2018) SEGUNDA C

CRONICA RONDA8 – (07-04-2018) SEGUNDA C

SEGUNDA C

CXF – LA MARINA 1 – CLUB XADREZ RIANXO B 3

Coa auga ó pescozo e subindo.

Este sábado o destino quixo que houbese uns cantos enfrontamentos cos nosos veciños do outro lado da ría, co clube da terra de Castelao, Dieste,
Manuel Antonio….

En tódolos eles cada equipo loitaba por alcanzar os seus obxetivos particulares. En división de honra nós xogamos por pelexar polo título e eles
por escapar do descenso. En terceira eles xogaban polo ascenso e nós por conseguir unha mellor clasificación e botarlle unha man ó Centro Comercial
para acadar o título do grupo. En segunda xogamos polos mesmos obxetivos, sumar o maior número de puntos para escapar do descenso
e acadar unha boa clasificación final.
Con este obxetivo nos puxemos diante dos tableiros á hora de costume Iago Sieiro, Bouzas Collazo, Antonio Jerez e Bouzas Rial polos locais e
Diego Creo, José Manuel Gómez, Daniel Fernández e Marcos Carou polos visitantes.
Na mesa unha plantexouse unha Caro-Kann, nas mesas dúas e tres foi unha Escandinava e na catro unha apertura Italiana. Na mesa dúas a
Escandinava mutou en Francesa o rehusar as blancas o peón de d5 o avanzar o peón de rei.

A primeira partida en rematar foi na mesa catro. A Italiana xogouse sen moitos sobresaltos, coas negras parapetadas nunha aparente sólida
defensa e as blancas sen enrocar no medio xogo. Pero o que parecía unha imprecisión de Marcos, avanzando h4 no que as negras nun principio
gañaban un peón, resultou que o infante ía cargado de cianuro, xa que se abreu a columna h, atacando dama, torre e alfil o punto h7 provocando
a rendición local.
Pouco despois na mesa dúas, na Escandifrancesa as blancas lanzáronse ó ataque, sacrificando un cabalo con miras a conseguir logros maiores,
pero que en realidade foi un regalo, pois non había nada, nada máis que outro peón gratis pas negras, con cambio de damas e simplificación
de xogo. A partida sigueu un pouco, pero José Manuel optou por inclinar o seu monarca o ver como uns cantos peóns blancos desaparecían do
taboleiro e de como as torres negras controlaban as columnas abertas.
Na primeira mesa a partida foi parella moito tempo, con toques por ambolos dous bandos, ata que nun erro de concentración Diego consigue un
doble de peón a cabalo e dama. De ahí ó final Iago intentouno, tivo amenaza de mate, que foi ben defendida e no final lanzou dous peóns pasados
a intentar a coronación, pero foron parados polo cabalo, o cal fixo que a victoria fose po xogador foráneo.

Na mesa tres o partida abreuse de maneira espectacular, habendo pezas de ámbolos dous incrustadas nas líneas enemigas, con toques diversos
e constantes. Nun destes, Daniel consigue calidade de torre e peón por cabalo. Fiel a súa filosofía de non rendense xamais, Antonio loitou ata a
extenuación, tivo moitas amenazas, que fixo que o seu contrincante tivera que fiar moi fino para sair airoso dos envites blancos, pero como non
tódolos días a sorte sonríe ó mesmo bando, as negras foron quen de non equivocarse, ir simplificando segundo se lle puña a tiro e rompendolle a
magnifica racha do noso pichichi.
Con este resultado Rianxo adiantanos, e tendo en conta que teñen mellor calendario final, semella que xa son inalcanzables pa nós.

A loita por evitar o descenso aprétase e estamos cada vez máis preto do abismo de terceira, so a un punto. Tendo en conta todo esto, so nos queda
seguir loitando e aplicando a filosofía cholista, partida a partida. A vindeira semana voltamos a xogar na casa, contra os de A Estrada, que están
en zona de descenso. No fai falta decir que precisamos unha victoria, canto máis ampla mellor, para afrontar as dúas últimas xornadas con un
colchón, así que conto con vós.

La crónica, a cargo de: FRANCISCO JAVIER BOUZAS COLLAZO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

CRONICA RONDA8 – (07-04-2018) SEGUNDA C

SEGUNDA C

CXF – PUB MUSARAÑA 3.5 – ESCOLA USC 0.5

Magnífica victoria que permite seguir soñando con el ascenso.

A rolda desta xornada enfrontaba ao CXF-Pub Musaraña contra o Escola USC, un equipo de características similares ao noso, con integrantes de idades similares e bo xogo e que se
atopan nunha cómoda posición en media táboa. Eramos conscientes da dificultade: obrigados a gañar por esixencias da clasificación, tiñamos diante un combinado sólido que non ía
poñernos as cousas sinxelas. Ademais, tiñamos que facer fronte ao desafío con baixas de importancia nas nosas filas. Aliñamos ao seguinte cuarteto: Andrés, Adrián Betanzos, Jacobo (un
servidor) e Ezequiel, mentres que o Escola USC trouxo a Vilagarcía a Ramón, David, Javier e Alexandre.

O encontro, como xa comentei, presentábase complicado, pero o certo é que as cousas non tardaron en poñérsenos de cara, sobre todo grazas ao bo facer de Andrés, que unha semana
máis demostrou que se lle queda pequena a Segunda División. A súa partida con Ramón foi unha italiana, pero concretamente, unha das variantes máis tácticas e agudas. Andrés sacrificou
varios peóns de xeito temperán a cambio de ter unha actividade brutal. Mentres o rei de Ramón permanecía no centro sen poder enrocarse, o de Andrés estaba enrocado e a súa dama e
torre ameazaban demoler a posición do negro. Neste tipo de posicións, o noso compañeiro non perdoa. Ramón logrou saír vivo de aí, pero foi a cambio dunha torre e de simplificar moito
a posición. Nun final con torre de menos, o santiagués decidiu seguir xogando un rato, confiando quizais en que a súa masa de peóns lle dese certa compensación, pero cando se deixou
outro golpe táctico decidiu acabar co sufrimento. Pasara pouco máis dunha hora dende as cinco e xa íamos gañando.

O seguinte en rematar sería Ezequiel, en cuarta mesa. Plantexou unha portuguesa, esquema que é posible que o seu rival non coñecese, pois o certo é que o noso compañeiro quedou
con moi boa posición na apertura. Ademais, Alexandre, o seu opoñente, cometeu varios erros, que fixeron que a vantaxe posicional tornase en material: dous peóns de máis. Aínda así, a
partida podía durar bastante máis, pero o xogador visitante tivo outro erro e permitiu un dobrete dama-torre, o cal ademais levaba a simplificacións da posición. En canto comprobou a
gravidade da situación, Alexandre rendeuse.

Eran as sete e gañabamos 2-0 e as dúas partidas restantes estaban a piques de poñerse moi emocionantes. Na miña, eu sacrificaba unha calidade, ameazando causar estragos no seu rei
sen enrocar e sen defensa sinxela. Ata entón, a partida fora bastante tranquila, pero en diante foi unha auténtica montaña rusa. O sacrificio valía e puxen ao meu rival, Javier, contra as
cordas. O seu rei tivo que iniciar a fuxida mentres eu recuperaba o material sacrificado e incluso o ampliaba. Estaba sendo unha auténtica malleira, pero entón, cando tiña todo ao favor,
foi cando veu o meu erro. Pasei por alto unha liña bastante evidente na que me comían a dama a cambio de peza e torre. A posición resultante seguía sendo boa para min, tiña tres pezas
pola dama, dous peóns pasados e ligados e existían varias redes de mate, polo que Javier debía xogar moi fino. Pero iso non exculpa o feito de que, con todo a favor, din aire ao meu rival
por non calcular ata o final tódalas liñas críticas. Afortunadamente, a vantaxe que tiña era tal que o erro puido remediarse, o rival non xogou con tino e acabou deixándose mate. Ao seu
favor dicir que a defensa non era sinxela e a súa posición era realmente delicada. En todo caso, admitamos que nesta partida tivemos algo de sorte.

A última en rematar foi a de Adrián contra David. Ao mesmo tempo que eu sacrificaba calidade, David facía un sacrificio de peza, bastante máis dubidoso. De tódolos xeitos, Adrián
calculou con profundidade e, tras facelo, decidiu devolver material, sacrificando a dama por torre e peza, para asegurarse de que o seu opoñente non tiña nada. Na posición resultante,
Adrián tiña torre e tres pezas contra dama e peza de David. Se alguén estaba mellor, era case sen dúbida o noso camarada, pois tiña bastante máis actividade. De tódolos xeitos, os temores
a perder unha peza que estaba no aire acabaron facendo tomar a Adrián unha decisión conservadora e xogar a xaques perpetuos. Deste xeito, a última partida rematou en táboas e o
encontro 3.5-0.5.
Un resultado contundente e, sen lugar a dúbidas, positivo, aínda que somos conscientes de que na situación na que estamos debemos intentar facer os máximos puntos posibles. Ademais,
paralelamente temos que estar pendentes sempre e mirando de esguello os marcadores do resto de equipos que están na pugna polo ascenso e que nos seguen a pouca distancia, sen dar
o brazo a torcer. Podemos … –ver hemeroteca.

La crónica, a c
RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.