«
»

CRONICA RONDA11 – (28-04-2018) SEGUNDA C

CRONICA RONDA11 – (28-04-2018) SEGUNDA C

SEGUNDA C

CXF – LA MARINA 1 – MILLADOIRO 3

ORGULLOSOS DO EQUIPO, MOI ORGULLOSOS.

Antes de comenzar a crónica, quero felicitar ó equipo do Milladoiro. Felicítalo polo ascenso, un ascenso que, independentemente dos colores, considero xusto, xa
que gañaron dez dos once encontros, cedendo únicamente un empate. E felicitalo pola deportividade mostrada en todo momento, nada de guerra psicolóxica, nin un
mal xesto, nin unha mala palabra, nada, nin siquera cando nos adiantamos no marcador e as súas posibilidades eran mínimas: FELICIDADES.

No ámbito propiamente competitivo, enfrontábamonos a última xornada cos deberes feitos, pero co obxetivo claro de botarlle unha man ao Musaraña no seu intento
por subir. A alineación para tal efecto conformouna Marcos Boo, Javi Otero, Antonio Jerez e Lúis Dieguez, unha aposta que se ben non deu os resultados agardados,
ninguén pode decir que non fose a correcta. Os do Milladorio viñeron co seu equipo titular, xogadores de máis de 1.900 de ELO e que ainda non xogaran xuntos
toda a temporada, Javier Varasa, José Doval, José Ignacio Salazar e Mario Iglesias.

Por motivos de accesibilidade as partidas disputaronse no auditorio e deron comenzó á hora de sempre. Na mesa unha xogouse unha Defensa Francesa, na dúas
unha Siciliana, na tres unha Defensa Moderna e na catro xogouse unha Apertura Inglesa.

Pronto na mesa tres desataronse as hostilidades. Salazar atacou polos dous flancos cos peóns, pero sen desarrollar as pezas. O ataque parecía forte, pero as negras
foron egoístas de máis xa que un sacrificio de Antonio perimiteulle liberar a presión e contratacar. Un contrataque que buscaba recuperar a calidade e quedar con
iniciativa, pero que se atopou coa ganancia da dama e a rendición negra. Este ano Antonio consagrouse, gañando oito das dez partidas que disputou, superando a
rivais que o sobrapasaban en máis de 500 puntos ELO e o máis importante, deixando ben claro que con gañas e vontade calquera idade é boa pa mellorar e seguir
aprendendo.

*
Co marcador a favor ás seis da tarde, no resto de mesas a cousa ía nivelada, pero algo xogaba na nosa contra: o tempo. Os tres foron consumindo moito tempo e
eso o final acabou pagándose.

Na mesa dúas, e depois dunha partida de toma e daca, con toques en ámbolos lados do tableiro, o avance do peón f negro permiteulle a José poñer as torres e o alfil
en posición de ataque cara o enroque rival e ainda que Javi se defendeu como gato panza arriba, os apuros de tempo fixeron que pouco a pouco a balanza se fose
decantando cara o xogador visitante. Decir que Javi estivo todo o tempo concentrado na partida, como se a vida se lle fose nela, e tras a derrota notabase frustrado,
pero eso no pode ser Javi, fixeches unha moi boa partida e unha moi boa competición, é unha sorte poder contar contigo e unha pena que non poidas xogar máis.
Na mesa catro, o debutante, Luis Dieguez, xogou unha partida soberbia, poñendo contra as cordas a un xogador que remata a competición con nove e medio de dez.
Pronto as cousas se puxeron de cara, con lixeira ventaxa posicional negra, e ante esa expectativa a Mario pasoulle pola cabeza pedir tablas coa idea de non perder
a imbatibilidade, pero tras falarllo o capitán, este díxolle que non, e Mario sigueu xogando. As negras foron ó ataque, mais obviaron unha xogada intermedia que
lle daba a volta ás cousas. Dahí en diante as blancas maduraron a posición ata acadar a victoria. O final Luis dixo que seguramente non dormiría de noite, porque
lle afectaba o resultado, pero quedou claro unha cousa, que segues tendo moito xadrez dentro, que foi unha honor contar contigo e a ver se po ano podes xogar máis.
Con todo esto, e sabendo nos das tablas da Puebla, todo se xogaba na mesa unha. Marcos foi un pouco a remolque case que toda a partida, e pa sair ben cargouse
de tempo. A pesares de todo, despois da simplificación de material chegaron a un final de seis peóns por bando. Unha posición que deu lugar a un debate pedagóxico
na Casa da Xuventud, de si decir que esa posición son tablas estaba ben ou mal dito. Tras unha pequena análise direi que esa posición son tablas, teóricas, pero que
por apuros de tempo Marcos no foi quen de materializar e permiteu a victoria de Varasa. Agradecerlle a Marcos que fixera un pequeno paréntesis nos seus estudos,
e unha pena non poder contar con el máis xornadas.

Pa rematar as crónicas desta temporada deixo unha frase para a reflexión, non sei de quen é a paternidade, se ben neste momento quero adoptala e facela miña,”eu
xogando ó xadrez nunca perdo, unhas veces gaño e outras, aprendo”.

La crónica, a cargo de: FRANCISCO JAVIER BOUZAS COLLAZO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

CRONICA RONDA11 – (28-04-2018) SEGUNDA C

SEGUNDA C

LICEO PUEBLENSE 0.5 – CXF – PUB MUSARAÑA 3.5

No pudo ser. Empate en la primera posición y fuera del ascenso por peor desempate.

Finalmente, non puido ser. O obxectivo da temporada, que era o ascenso a Primeira División, escapóusenos na última xornada. Ben é certo que se cimentou a semana pasada, coa contundente
derrota ante o Cabo Touriñán, pero o confirmamos este sábado ao deixarnos medio punto ante o Liceo Pueblense. Unha auténtica mágoa, porque ao final quedamos empatados
co Milladorio, os primeiros do grupo, pero o desempate non nos favoreceu. Eramos conscientes disto, sabíamos que debíamos gañar 0-4 a rolda e confiar en que os nosos compañeiros do
CXF-La Marina puidesen arrancarlle un punto ao Milladoiro. Eles fixeron o que debían, pero fallamos nós.

Deixemos de lacerarnos e pasemos a falar da rolda. O Liceo Pueblense, a se ben non estaba matemáticamente descendido, tiña moi poucas esperanzas de poder conservar a categoría.

Boa proba diso é que non xogaron os máis habituais. Pola nosa parte, desprazámonos a A Pobra do Caramiñal Andrés, Adrián Betanzos, Ezequiel e eu, Jacobo, acompañados de Adrián
Blanco, quen se encargaría de manter o contacto con Vilagarcía para saber como ía a rolda do CXF-La Marina e o Milladoiro. Ás cinco e cinco da tarde, deron comezo as partidas.
As cousas poríanse moi de cara para nós rapidamente, pois Ezequiel gañou a súa partida en moi pouco tempo. Con un ataque feroz pola columna “h”, o noso compañeiro dinamitou o
enroque inimigo e o rival rendeuse ao ver que recibía mate imparable. Non moito despois enterabamonos de que en Vilagarcía Antonio Jérez lograba un triunfo de ouro para La Marina.
Nese momento, se conseguíamos o 0-4, seríamos campións do grupo. O problema era que no resto de partidas as cousas non pintaban tan ben. Adrián Betanzos foi o seguinte en rematar,
e a súa vitoria foi algo inusitada. So dez minutos antes de acabar, fun a botar unha ollada e tiña pinta de que o noso compañeiro ía pasar apuros para poder defenderse. Pero sorprendentemente
alzouse co punto, tras encadear o rival varios erros que supoñían perda de material, a pesar de que Adrián non fixo as mellores tampouco.

As dúas partidas restantes eran a miña e a de Andrés. Mentres Andrés forzaba a maquinaria para gañar e se metía nunha posición obxectivamente peor, eu estaba con peón de menos.

A pesar de saír da apertura mellor, tiven un despiste moi parvo e deixeime ese peón, o que complicou enormemente a partida. A partir de entón, repúxenme e comecei a xogar mellor,
aproveitei as ocasións que me deu o meu rival e conseguín chegar a un final de táboas. Por un lado, tendo en conta que estaba peor, é un resultado positivo, pero claro, ese medio punto
foi o que nos privou de quedar primeiros de grupo. Tamén é certo que nese momento contabamos con que o CXF-La Marina conseguise sacar medio punto no primeiro taboleiro, como
todo parecía indicar, pero finalmente non sucedeu así.

Como xa dixemos, Andrés, facendo o posible por gañar, meteuse nunha posición un tanto incómoda. O noso compañeiro fixo o que fan os grandes xogadores e forzou, confiando en que
a diferenza de nivel acabase sendo patente. Así foi, o seu opoñente acabou por cometer un erro e deixarse un peón. Andrés, a pesar de ter apuros de tempo, soubo administrar moi ben
a vantaxe, non sen dificultades. Ás nove da noite remataba, conseguindo o último punto. Para entón xa sabíamos o resultado do encontro xogado en Vilagarcía e que o Milladoiro era o
equipo que se facía co ascenso.*
Non vos vamos enganar, o golpe foi duro de encaixar e o regreso a casa bastante silencioso. Mais unha vez superado o desgusto inicial, grazas aos nosos marabillosos compañeiros de
club, a lectura que facemos da temporada é algo máis optimista. É verdade que non se logrou o obxectivo, pero era unha meta difícil tendo no grupo varios equipos de moito nivel, todos
eles candidatos xunto a nós. Fixemos unha temporada moi boa, conseguindo moitos de nós bater os nosos mellores rexistros en Liga. Mención especial merecen Andrés, que se converteu
no pichichi do club este ano, ou Ezequiel e Diego – quen, por motivos laborais, non puido acabar connosco a temporada. Como nos tería gustado poder dedicarlle o ascenso! –, que conseguiron
o 100% dos puntos. Tamén Juan Andrés e Luis, que se sumaron ao equipo con entusiasmo, a pesar de xogar nunha categoría inferior á súa calidade, e que deron unha boa cantidade
de puntos. O único que nos impediu lograr o ascenso foi que a nosa boa temporada foi mellorada por un fortísimo Milladoiro, que foi moito máis regular ca nós. (continua en hemeroteca)

La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA C (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.