«
»

CRONICA RONDA1 – (27-01-2018) SEGUNDA E

CRONICA RONDA1 – (27-01-2018) SEGUNDA E

SEGUNDA E

VILLA DE BOUZAS B 0 – CXF – DEPORTES RODAS 4

Magnífico comiemzo en Vigo.

Comezamos este sábado unha nova Liga de xadrez con ilusións renovadas e reencontrándonos con vellas rutinas (convocatorias, viaxes, crónicas..).

O obxectivo marcado é o de puntuar o máximo cada semana para que iso se poida traducir nunha boa clasificación ao final de tempada.
Case seguimos o mantra do Cholo Simeone: “partido a partido”. Claro está que temos soños e aspiracións pero estes pasan por loitar partida a partida.

Nesta primeira rolda desprazámonos a Vigo para enfrontarnos ao Vila de Bouzas B.

Os resultados por taboleiros:

– No primeiro taboleiro José Maneiro acadaba un punto despois dunha partida bastante densa no seu comezo con ningún cambio de pezas
ou peóns . Foi a partires das rupturas no centro cando saltaron as costuras e, en moi poucas xogadas, converteuse nunha partida con moitos toques tácticos. Un destes golpes decidiu a partida acadando o noso xogador gran vantaxe material.

– En segunda mesa, Alejandro Victorero, gran e necesaria incorporación para este ano que reforza en moito o noso equipo, acadaba
tamén un punto valioso. Con grandes nervios de aceiro soubo administrar os límites de tempo para pouco a pouco afogar ao seu rival . Adquiría pouco a pouco vantaxe estratéxica e de peóns. A pesar de ter desvantaxe de calidade soubo aproveitar a forza dos bispos para “cortar” todo o taboleiro.

– En terceira mesa, Carlos Diz, fixo unha partida moi seria e igualada case ata o final. Rematou cun final de torres pero con dous peóns de vantaxe, o cal inclinou favorablemente a balanza ao seu favor. Xogador importante que tivo unha gran temporada pasada e que se agarda moito del para a presente.

– No derradeiro taboleiro, Christian Abal, foi o primeiro en anotarse o punto da tarde. Aproveitou os erros do contrincante para poder anotarse unha victoria sempre necesaria para coller folgos e moral. Todos os puntos son importantes e gran parte da nosa fortaleza ben dada polo bo facer dos nosos derradeiros taboleiros que aportan moitos puntos ao longo da liga.

Esta foi unha rolda de grandes alegrías pero sempre hai que ser consciente dos obstáculos do camiño e que non sempre virán tan ben dadas.

Agardemos seguir colleitando bos resultados.

Boa liga a todos os equipos do clube!

La crónica, a cargo de: JOSÉ MANEIRO BLANCO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA E (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.