«
»

V CAMPIONATO GALEGO DE RÁPIDAS 2015

Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña), 26 de Abril de 2015.

· Organiza: Club Xadrez Rianxo e Federación Galega de Xadrez.
· Colabora: Concello de Rianxo.
· Local de xogo: Auditorio Municipal de Rianxo (A Coruña).
· O Torneo disputarase polo sistema suizo a 9 roldas. Segundo o número de inscritos.
Incluso poderase facer o sistema suizo acelerado (ata as tres primeiras rondas) se fose
preciso.
· O ritmo de xogo será de 10 minutos + 5 segundos/xogada.
· Torneo será válido para elo FIDE de xadrez rápido.
· Antes do inicio da primeira rolda publicaranse a orde de forza só ordenada por ELO FIDE
DE RÁPIDAS, tendo en conta a lista previa da FIDE. Se un xogador non tivera elo de
rápidas na FIDE, o seu ELO FIDE de xadrez standard será considerado como o valor inicial
do ELO FIDE de rápidas.
· Tódolos xogadores e xogadoras deberán estar federados antes do inicio do torneo, (circular
10/2015 da FEDA para torneos valedeiros para elo).
· Empregarase o programa Vega para realizar os emparellamentos.
· Non se permitirá analizar partidas na sala de xogo.
· O tempo de retraso permitido será de 10 minutos, pasados os cales o xogador que non
compareza perderá o encontro.
· O xogador que teña unha incomparecencia sen causa xustificada será retirado do torneo.

SISTEMAS DE DESEMPATE
· O primeiro sistema de desempate será o encontro directo, sempre que tódolos
xogadores empatados a puntos xogaran todos entre sí.
· O segundo sistema de desempate será a variante Brasileña do Bucholz (quitando a peor
puntuación).
· O terceiro sistema de desempate será o bucholz mediano (quitando a mellor e a peor
puntuación dos opoñentes).
· O cuarto sistema de desempate será o bucholz total.
· O quinto sistema de desempate será o progresivo.
(*) No desempate do bucholz, aplicarase a variante do oponente virtual nas partidas non disputadas.
E se todavía persiste o empate, os xogadores disputarán unha partida de xadrez relámpago.
Se sortearase a cor, con 6 minutos para o xogador de brancas e cinco minutos para o xogador
de negras. En caso de táboas declararase vencedor o xogador de negras. O resultado da
partida decidirá o desempate.
· O artígo 10.2 non será de aplicación.
· Una rolda feita pública non se poderá modificar, salvo que o árbitro decida outra cousa.
· Si se introduce un resultado mal e publícase a rolda, ésta non se modificará a non ser que
o árbitro principal decida outra cousa.
· Aplicarase o especificado no apéndice A das leis de xadrez da FIDE para xadrez rápido
(ACTIVO).
· A participación no torneo supón a aceptación destas bases.
· Horario de xogo:
Presentación das listas de xogadores: 09:30 horas.
1ª Rolda: 10:00 horas 6ª Rolda: 16:30 horas
2ª Rolda: 10:45 horas 7ª Rolda: 17:15 horas
3ª Rolda: 11:30 horas 8ª Rolda: 18:00 horas
4ª Rolda: 12:15 horas 9ª Rolda: 18:45 horas
5ª Rolda: 13:00 horas
Clausura e Entrega de Premios: 19:30 / 19:45 horas
· Inscrición: ata ás 13:00 horas do 23 de Abril de 2015 no e-mail fegaxa@fegaxa.org ,
indicando nome, apelidos, club e elo fide de rápidas (si o tivesen) da última lista publicada
pola FIDE antes do inicio do torneo.
Os xogadores/as participantes terán que ter bandeira deportiva FIDE española.
· Premios:

1º Clasificado 200,00 € + Trofeo
2º Clasificado 150,00 € + Trofeo
3º Clasificado 100,00 € + Trofeo
4º Clasificado 100,00 €
5º Clasificado 100,00 €
(*) A estas cantidades apricaranse as retencións legais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.