«
»

RECORD EN PONTEVEDRA

FOTOS Y VIDEOS

 Festa HQR

O domingo 27 de decembro de 2009, o MI Daniel Rivera, estableceu o record nacional de partidas simultáneas, ao acadar a cifra de 201 taboleiros. Ao longo do día o xogador uruguaio con residencia en Pontevedra e alma mater do Club Escola de Xadrez de Pontevedra realizou 201 partidas das cales resultou vencedor en 174, táboas en 26 e 1 soa derrota para completar o total. A xornada deu comezo ás 12.00 horas e finalizou ás 20.30 tendo, polo tanto, unha duración de 8 horas e 30 minutos, sen parar en ningún momento a actuación do MI Daniel Rivera.

Calcúlase que o mestre percorreu preto de 6 quilómetros e realizou unha media de 21 movementos por partida. Ás 17 horas eran 102 as mesas que aínda faltaban por xogar, 53 ás 19 horas, baixando a 41 en tan só 10 ´ ás 19.10. Ás 19.50 horas quedaban 17 e só 3 ás 20:20, finalizando a derradeira ás 20:30, sendo o xogador do Club Xadrez Fontecarmoa LUCAS ABAL, o último en rematar.

Houbo presenza de xogadores de varios puntos de Galicia e dende estas liñas mostrámoslles todo o agradecemento do MI Daniel Rivera.

Así mesmo o sábado día 26 de decembro de 2009, o xogador Ramón Escudeiro tamén estableceu un record nacional de partidas simultaneas para cegos, tras xogar un total de 20 partidas das cales resultou vencedor en 17 e asinou 3 táboas, despois de case 4 horas de partidas. No acto estivo presente o presidente da Federación Española de Deportes para Cegos quen certificou o grande evento desenvolvido por Ramón Escudeiro e ponse unha marca altisima para os xogadores invidentes.

Destacar que nos dous eventos, máis do 80% dos participantes eran federados, entre os que se atopaban diversos campións/onas galegos/as e novas promesas do panorama Español.


Correo da Escola de Xadrez de Pontevedra:

Estimados afeccionados:

Co motivo da festa HQR, realizada polo Diario de Pontevedra, un ano máis contaron coa participación da Escola de Xadrez Pontevedra, nesta ocasión para levar a cabo un récord nacional de xadrez de partidas simultáneas polo Mestre Internacional Daniel Rivera.
Os organizadores decidiron realizar esta actividade como broche final á festa HQR e co obxectivo da difusión deste deporte en todo o territorio galego.

Pedimos a vosa colaboración para poder levar a cabo esta actividade e con iso poder darlle un maior impulso ao xadrez, grazas á influencia que ten esta festa na cidade de Pontevedra.
A simultanea será a partir das 11:30 da mañá do domingo 27 de decembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

 Haberá comida quente e merenda para todos os participantes, así como obsequios e diplomas.
Tamén terá lugar o sabado 26 no mesmo recinto a partires das 4 da tarde, un intento de récord nacional levado a cabo polo xogador cego Ramón Escudeiro Tilve, que se batirá contra vinte persoas.

O dia 26 haberá tamén obradoiros de iniciación e un taboleiro xigante para que todos os nenos e nenas podan disfrutar co xadrez nesta festa que queremos levar a cabo.
Todos aqueles que querades información sobre as actividades ou inscribirvos na simultanea(adxuntamos ficha de inscripción) podedelo facer no email: escola@xadrezpontevedra.com

Esperamos contar coa vosa colaboración para poder bater o anterior récord do Mestre Rivera (152 taboleiros) e poder gozar dun día grande para este deporte.
      
Un cordial saúdo,
         Escola de Xadrez de Pontevedra.

Para cualquier informacion que necesiteis relacionada con el evento escribir a escola@xadrezpontevedra.com

FICHA DE INSCRIPCIÓN INDIVIDUAL

 

Nombre y apellidos:

Actividad en la que se inscribe: Record Nacional de Simultaneas

Deporte:

Fecha de nacimiento:

Club:

Elo FIDE:

EloFEDA:

En caso de ser menor de edad poner datos del padre/madre/tutor legal:

Nombre y apellidos:

Teléfono/s:

Mail:

 

Entregar en Diario de Pontevedra: Rúa Lepanto 5, Pontevedra – Tlfno: 986011100 o en fiestahqr@diariodepontevedra.es

FESTA HQR! 2009 – 26 y 27 de Diciembre de 2009 – Pontevedra

Organiza:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.