«
»

CRONICA RONDA8 – (02-04-2016) SEGUNDA D

CRONICA RONDA8 – (02-04-2016) SEGUNDA D

SEGUNDA D

CXF – RESTAURANTE A PEDRA 0.5 – TAPERIA EL CORTIJO – MARIN C 3.5

Dura derrota, que pone muy difícil la permanencia.

Nuevamente una mala jornada para nuestro equipo de ajedrez. Esta vez el equipo estaba formado Quique, Jose Manuel, Fandiño y Samuel.

Una vez más la jornada se presentaba crucial para poder obtener la primera victoria de la temporada. Lejos de eso obtuvimos una dura derrota que refleja la temporada tan floja que llevamos realizando y también lo dura que se vuelve año tras año esta competición con rivales de un gran nivel.

Las partidas en líneas generales tuvieron la misma suerte (derrota) a excepción de la de Quique, el único que consiguió arañar medio punto en una partida que se le antojaba complicada y requería un gran esfuerzo para sacarla adelante. En primer tablero y con blancas, se enfrentó a su oponente con su apertura de d4 para intentar su clásica de Ataque Torre. A pesar de la apertura no pudo llevar la iniciativa de la partida y su rival se supo defender correctamente con una India de Rey. El desenlace de la partida estuvo marcado por la igualdad en piezas, sin embargo la estructura de peones de Quique en el flanco de dama le daba cierta ventaja a su contrincante. Nuestro compañero hizo un sacrificio de alfil por dos peones, aunque gracias a esta jugada dejo un peón pasado que su rival tenía difícil defender. Pudo conseguir las tablas.

En segundo tablero Jose Manuel con negras, jugó una partida que comenzó con una apertura inglesa. Supo defenderla y contrarrestarla con mucha solvencia, marcando bien los tiempos de cada jugada. Aunque se movió en esquemas cerrados y posicionales llegó el momento de abrir líneas por los flancos, con un resultado bastante interesante. Gracias a esto el rival un tanto presionado le ofrece tablas, a lo que Jose Manuel rechaza demostrando que quiere y puede ganar la partida. Acto seguido las negras hacen un cambio de dos torres por dama, pero aunque la jugada puede ser muy buena, un desliz de nuestro compañero le hace perder un alfil y la iniciativa, además cualquier expectativa de progresar. Abandona y por tanto derrota.

En tercer tablero, jugaba con blancas y me disponía a desarrollar un Ataque Torre ante una India de rey. La partida no tuvo muchos sobresaltos, aunque cabría destacar mi pasividad en algunos movimiento iniciales y dos movimientos en el enroque del rey que permitieron a mi rival llevar la iniciativa en casi todo momento llegando a tener una posición muy fuerte por el centro destacando un peón en e3 que obstaculizaba cualquiera de mis acometidas. En el medio juego se llegó a una posición totalmente cerrada que al no haber marcado correctamente los tiempos de mis movimientos, me forzó a abrir mi enroque y quedarme totalmente desguarnecido. Tuve que abandonar.

Ya por último, nuestro compañero Samuel jugando con negras, se enfrentó a un rival que se podría decir que jugaba al toque. Desarrolló una Siciliana cerrada ante la que nuestro compañero puedo frenar correctamente, sin embargo mediada la partida un error de cálculo provocó la pérdida de un caballo provocando una situación un tanto complicada. Eso sí, de cara al final pudo revertir un poco dicha situación dejando la ventaja del rival simplemente en calidad (dos torres rivales contra alfil y torre negras). A pesar de eso, no llegó a revertirla totalmente y no pudo frenar una mate imparable del blanco. Destacar que el reloj del rival quedó con 1 hora y 36 minutos de tiempo…

La crónica, a cargo de: ALBERTO FANDIÑO MARIÑO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA D (LIGA 2016)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2016

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Liga 2015

CRONICA RONDA8 – (02-04-2016) SEGUNDA D

SEGUNDA D

CXF – PUB MUSARAÑA 2.5 – CULTURAL DEPORTIVA PORTAS XADREZ 1.5

Victoria ajustada y un equipo que, imbatido, se coloca a un punto del ascenso.

A partida desta semana enfrontábanos contra os nosos veciños do Portas. Comezaba con ela unha especie de maratón que durará ata final de Liga para saber se podemos ou non ascender a Primeira División. Outros equipos parten con vantaxe, de modo que prima facer tódolos puntos posibles. É por iso que este resultado nos deixou con mal sabor de boca, sabiamos que tiñamos que ter gañado de maneira máis contundente. É verdade que o Portas é sempre un equipo duro – a pesar de que este ano son candidatos ao descenso – e sabiamos de antemán que a igualdade ía estar presente, pero aínda así confiabamos sacar máis proveito desta xornada. Deixando de lado este tipo de valoracións, pasemos á crónica do encontro. O noso cuarteto estaba formado polos catro primeiras mesas do equipo por primeira vez esta temporada: Adrián Betanzos, Jacobo (servidor), Raúl e mais Ezequiel, por esa orde.

Como xa dixen, esperabamos unha igualdade inicial que se iría rompendo a media tarde. Os nosos cálculos foron correctos, ás seis e media aínda non se pode dicir que pasase nada salientable en ningunha mesa. Pero cando xa se achegaban as sete saltaba a primeira sorpresa. Raúl, que se enfrontaba a unha Dragón, cometeu erros moi graves que permitiron moito ataque ao seu rival, quen acabaría gañando material. Para tratar de sacar algo dunha partida xa case perdida, o noso compañeiro fixo un deses sacrificios aos que xa nos ten acostumados, pero neste caso era completamente suicida e non levaba a ningures. Quedou con dúas Torres contra Dama e Torre. Evidentemente, o único que lle quedaba era renderse.

Pero antes de que iso acontecese pasou algo que aliviou moito as tensións que comezaban a aflorar, dada a mala situación de Raúl. O rival de Betanzos, que xa comezaba a estar peor que o noso camarada, deixouse un truco no que a única maneira de escapar do mate era sacrificando a Dama. Ante ese panorama decidiu renderse e o fixo cinco minutos antes que Raúl na terceira mesa. Por tanto, 1-1, que xa imposibilitaba facer o resultado contundente ao que aspirabamos. Por se fose pouco, a miña partida e máis a de Ezequiel aínda estaban bastante igualadas.

A seguinte en acabar foi a miña, cunha vitoria para o noso equipo que non foi nada doada de lograr. É curioso, nunha partida que na apertura semellaba que ía ser moi aburrida acabamos tendo os dous bastante ataque, aínda que nos momentos cruciais non fomos quen ningún dos dous de atopar as mellores. O que decidiu a balanza ao meu favor foron os apuros de tempo do meu rival, que nunha posición completamente igualada deixouse cravar a Dama e a única maneira de salvala era sacrificar unha Torre. Pouco máis durou o conto despois diso.

Xa soamente quedaba a de Ezequiel, que sen dúbida foi a máis igualada de todas. Soamente durante un intre no medio xogo parecía que o noso amigo estaba mellor, pero non era doado aproveitalo. Consciente de que necesitabamos os puntos, Ezequiel forzou a posición para intentar romper a igualdade, pero estaba claro que o seu rival quedaba satisfeito co empate e a iso foi ao que xogou. Non houbo maneira, finalmente firmaron as tablas.

Deste modo, dunha rolda da cal queriamos sacar un resultado contundente saímos un tanto decepcionados con só 2,5 puntos. Vén sendo a tónica xeral desta temporada, na cal, salvo en dúas xornadas, no resto quedamos sempre 2-2 ou 2,5-1,5 ao noso favor. É dicir, estamos sendo moi regulares, seguimos invictos (único equipo do grupo que o é, por certo), pero sen resultados máis amplos ascender faise case imposible.

Pero tampouco nos desenganemos, a pesar deste resultado aínda temos opcións, as cales pasan polas dúas próximas roldas, cando nos enfrontemos contra outros dous candidatos a ascender: o Marín B e o EXP. Esas son as datas clave, nas que se decidirá todo. Sabemos que son mellores ca nós, pero a ilusión non nola quita ninguén. Ter chegado ata aquí con opcións xa é máis do que contabamos ao inicio de Liga, se o logramos é porque estamos a facer as cousas ben, e é niso no que nos temos que centrar. Agora que empezan os desafíos de verdade, a confiar en nós mesmos. Sabemos que podemos!

La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA D (LIGA 2016)

EL EQUIPO CXF – PUB MUSARAÑA (2016)

1.ADRIÁN BETANZOS JAMARDO
2.JACOBO LAMAS LUAÑA
3.RAUL VARELA SANTIAGO
4.EZEQUIEL PORTAS BETANZOS
5.ADRIÁN BLANCO SEIJAS
6.JAVIER OTERO PEREZ
7.IAGO SIEIRA TOURIÑO


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/liga2016

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Liga 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.