«
»

CRONICA RONDA3 – (11-02-2017) PRIMERA B

CRONICA RONDA3 – (11-02-2017) PRIMERA B

PRIMERA B

USC XUVENIL 3 – CXF – BANCO MEDIOLANUM 1

Derrota en Santiago. Toca ponerse las pilas para remontar posiciones.

En principio teníamos una ronda en Santiago que no considerábamos insalvable aunque tampoco fácil y íbamos con la intención de sacar el mejor resultado posible. Finalmente no pudo ser y nos trajimos un mal resultado que nos obliga a hacer un buen resultado para la semana para salir de problemas.

Y es que la única partida desde el inicio que no estuvo bien encaminada fue la mía. Fui quedando sin cometer errores poco a poco peor ante el juego extremadamente preciso de mi adversario. Cuando decidí entregar un peón para tratar de encontrar contrajuego contra su enroque nuevamente hizo todas las precisas y fui barrido sin miramientos. Si tuviera enfrente a Carlsen no creo que le fuese más fácil.

Mientras en la mesa 2ª Adrián abría el juego con una siciliana cerrada donde no consiguió mala posición. Su adversario además se comió un peón en f5 a lo suicida abriendo la posición de su rey lo cual fue aprovechado por Adri para atacar con firmeza e imponerse sin mayores dificultades.

Quedaban en juego las dos últimas partidas. Guinarte consiguió en una posición de enroques opuestos una tremenda posición de ataque donde parecía que se iban a derrumbar las defensas del rey negro. El problema es que después, yo creo que en una grave equivocación, consintió el cambio de Damas con lo cual buena parte de la ventaja desapareció. Con alguna imprecisión más, el adversario conseguiría ventaja que ya no dejaría escapar poniendo el 2-1 para ellos.

Quedaba la partida de Jorge María. Tras salir claramente peor de la apertura y muy apretado Jorge María se agarró a la partida apretando lo indecible y aunque se puso en graves apuros llegó a un final con peón de más y si bien no parecía fácil parecía que a pesar de sus apuros de tiempo podría imponerse, pero los apuros de tiempo le jugaron una mala pasada y cayó en uno de los trucos planteados por el adversario dejando el marcador en un doloroso 3-1 final que no refleja lo que sucedió en las partidas pero que ya no podemos cambiar. Lo que queda es recuperar el terreno perdido para la próxima semana contra el Torpedo Gallaecia.

La crónica, a cargo de: GONZALO BOUZA-BREY TEIJEIRO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA PRIMERA B (LIGA 2017)

EL EQUIPO CXF – BANCO MEDIOLANUM (2017)

1.GONZALO BOUZA-BREY TEIJEIRO
2.ANDREA DORADO MEIJIDE
3.ADRIÁN MONTÁNS LÓPEZ
4.JORGE SABORIDO BUA
5.JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GARCIA
6.JORGE LUIS MARIA LOPEZ
7.RAMON AMADOR MELIO REY
8.ALEJANDRO VICTORERO DOMINGUEZ
9.LUIS DIEGUEZ LOPEZ
10.JORGE DIOGO GUINARTE


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

CRONICA RONDA3 – (11-02-2017) PRIMERA B

PRIMERA B

BREOGÁN 2 – CXF – BAÑOS PRINT 2

Empate en O Grove. Un equipo que es capaz de pelear con cualquiera.

Na terceira xornada de liga tivemos que desprazarnos ata O Grove para enfrontarnos ao Breogán. Para esta semana, a nosa aliñación estivo integrada por Andrés, Raúl, Zeta e mais eu. Por vez primeira, Zeta foi o responsable de conducirnos ata a vila meca nunha viaxe na que tivemos a ocasión de contemplar as vistas arousás do istmo da Lanzada, e as illas da Toxa e Ons. Mentres, tiven a oportunidade de manter unha interesante conversa sobre filosofía co noso compañeiro Raúl.

Atopar o local de xogo foi unha misión moi sinxela nesta ocasión.Trátase dun local dedicado a eventos deportivos e situado á beira mesmo do mar. Por suposto, e dado que chegamos con tempo dabondo, tan pronto como estivemos seguros de que localizaramos o local de xogo, dirixímonos a unha cafetería próxima para repoñer líquidos. Foi alí onde nos atopamos cun dos nosos opoñentes desa tarde: Heladio Outeiro Padín.

O Breogán presentou unha forte aliñación para esta xornada. José Manuel Pérez Negro, Juan Carlos Gil Reguera, Heladio Outeiro Padín e José Manuel Álvarez Sabor.

O primeiro xogo en rematar desenvolveuse no terceiro taboleiro. Raúl, que conducía as pezas negras, xogaba contra Heladio Outeiro Padín unha partida onde ámbolos dous bandos practicaron un fianchetto de rei. O xogador local conseguiu unha decisiva vantaxe material, aínda que a situación exposta do rei branco permitía manter vivas as esperanzas para o noso xogador, que contaba cunha dama e bispo en posicións activas e ameazantes. Tamén existiu a posibilidade nalgún punto da partida de traspoñer a un final con calidade de menos e con expectativas de táboas. Porén, ao final as brancas impuxeron a súa vantaxe material e o primeiro punto caeu a favor do equipo local.
Non foi necesario agardar moito tempo para que o marcador volvese ao equilibrio grazas á vitoria de Zeta no cuarto taboleiro. José Manuel Álvarez Sabor respondeu a 1.e4 cunha Defensa Siciliana que mudou rapidamente a unha Variante do Avance da Defensa Francesa. Durante o medio xogo, a partida desenvolveuse como unha confrontación no flanco de dama. A pesares de que as negras lograron un peón pasado en ‘c4’, non supuxo ningunha complicación para o exército branco debido a que o peón podía ser efectivamente bloqueado e a que as brancas conseguiron situar un cabalo en ‘c5’ de onda de non podía ser expulsado. Así e todo, a posición no final non parecía ofrecer máis que táboas, cando de súpeto o xogador local perde a súa torre e a partida.

Andrés xogou no primeiro taboleiro unha India de Rei contra José Manuel Pérez Negro. As brancas responderon cun Ataque á Baioneta no flanco de dama, buscando a ruptura en ‘c5’ contra a cadea de peóns negros en d6-e5. As negras, pola súa banda, atacan a cadea de peóns brancos centrais coas xogadas c7-c6 e f7-f5. Tras un cambio de pezas menores en ‘e6’, as brancas quedaron cun peón avanzado pero difícil de defender e que o noso xogador acabou por capturar en boas condicións.

En apuros de tempo, as brancas se equivocan na maneira de avanzar os peóns no flanco de dama. Existiu un punto en que Andrés podía acadar un final vantaxoso de bispo e cabalo contra torre, pero finalmente as brancas formaron un grupo de peóns pasados polo flanco de dama que decidiron a loita.

Finalmente, a miña partida contra Juan Carlos Gil Reguera, que comezara como unha Siciliana Najdorf, estendérase demasiado despois de que perdera unha posición de ataque que parecía interesante. A medida que os peóns se ían esfumando do taboleiro, as posibilidades de táboas eran cada vez maiores. A relación de material no final, de dous cabalos brancos contra unha torre negra, debía ofrecerme unha moi lixeira vantaxe, pero tendo en conta que a posición era moi aberta, penso que o resultado natural serían as táboas. Porén, o meu adversario esqueceu o reloxo e perdeu pola caída da bandeira, conseguindo así o empate 2 – 2.

Satisfeitos co resultado, especialmente se temos en conta a forte aliñación coa que se presentou o equipo rival. A semana que vén xogaremos contra o equipo de Padrón e esperamos manter a boa serie de resultados. Mentres que permanezamos invictos, temos plena confianza nas nosas posibilidades de manter a categoría.

La crónica, a cargo de: DIEGO PEREIRO RODRÍGUEZ

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA PRIMERA B (LIGA 2017)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.