«
»

CRONICA RONDA4 – (18-02-2017) PRIMERA B

CRONICA RONDA4 – (18-02-2017) PRIMERA B

PRIMERA B

CXF – BAÑOS PRINT 2 – PADRÓN – GOLFIÑO B 2

Nuevo empate en un encuentro muy disputado que se pudo ganar

A cuarta xornada da temporada deparábanos un enfrontamento contra o equipo de Padrón, de nome Padrón-Golfiño B, nunha tarde que presumíamos non sería doada, tendo en conta que entre as súas filas hai xogadoresde bo nivel. Pola parte do noso equipo xogamos Andrés Varela, Adrián Betanzos, Jacobo Lamas e Adrián Blanco, por orde de taboleiros, mentres que os visitantes formaron con Eloy Sixto, Antonio Susavila, Ramón Núñez e Xulio del Prado. Mentres que nós e Ramón Núñez chegábamos prematuramente á Casa da Xuventude, houbo que esperar un pouco máis polo resto de integrantes do conxunto padronés. Así, as partidas empezaron con un pouco de retraso, pero non excesivo.

Podemos dicir que a rolda foi relativamente lenta e non houbo resultados concretos ata que a luz do día empezaba a deixar paso ao solpor. Isto foi así tanto no noso enfrontamento como no do CXF-Banco Mediolanum, que se disputaba na mesma sala. Debían ser as 19:30 cando acababan as primeiras partidas, entre elas, a do noso compañeiro Adrián Betanzos, derrotado. Despois de que Susavila, o seu rival, decidise entrar nunha variante do avance da Francesa, Adrián saíu algo peor da apertura. Mentres el intentaba con certo éxito recompoñer a súa posición, as brancas preparaban a internada na columna “c” aberta. Precisamente foi nesa internada, cando Betanzos descuidou a súa defensa, cando se deixou un doblete Dama-Cabalo, perdendo peza por tanto. A presión xogoulle unha mala pasada ao noso compañeiro, usualmente sólido,
pero que tamén é humano e comete erros. A partida non durou moito máis.

Ao finalizar a disputa na segunda mesa con resultado en contra a situación era pouco tranquilizadora. En terceira mesa, a miña partida non pintaba demasiado ben neses instantes, aínda que había moito que loitar aínda. As de Andrés e Blanco eran bastante incertas a estas alturas. Pero curiosamente todo mudou ao noso favor en espazo de 20 minutos. Cara as oito, Andrés empezaba a estar algo mellor e eu conseguira remontar a miña posición tras varios erros do meu rival. Pola súa parte, Blanco era o que estaba en mellor posición. A súa foi unha partida igualada, na que o branco intentou ter a iniciativa e atacar, sen demasiado
éxito. Blanco optou polo cambio rápido, non sempre preciso, como el mesmo recoñece. Grazas a que o seu rival cometeu varias imprecisións nun final de Damas que cheiraba a tablas – resultado que podería terse materializado de telo desexado Xulio, que tivo a oportunidade de facer xaques continuos – Blanco comezou a progresar na súa posición. Ao final da partida as Damas cambiáranse, o noso camarada tiña un peón de máis e estaba a piques de comerse outro. Xulio decidiu renderse.

Nese momento foi no que empezábamos a soñar cun resultado positivo no encontro. Pero se iso non foi posible foi porque a miña partida tivo un final inesperado. Como xa comentara, pasara dunha posición bastante mala a estar mellor, foi grazas a que o meu opoñente, Ramón Núñez, efectuou uns cambios de peóns centrais máis que dubidosos para el. De súpeto, sen ter feito moito para merecelo, atopábame cunha posición superior. Pero o problema era que para entón xa tiña pouco tempo, e nos esforzos por materializar a vantaxe, fun tendo cada vez menos. O momento crítico dáse cando Núñez repite xogadas ofrecendo tablas (ou polo menos entendín eu que era un ofrecemento de tablas). A pesar de ter xa menos de 5 minutos, decidín seguir adiante porque vin unha xogada que me facía mellorar aínda máis. Habería que valorar a conveniencia dese acto, dado que despois diso á partida aínda lle quedaba moito que disputarse. Nos apuros de tempo non tardei moito en cometer un erro grave deixándome unha peza, con todo a favor, perdía así a miña partida.

Quen si facía os deberes con eficiencia, como nos ten acostumados, era Andrés, a pesar de que non foi fácil. A súa partida foi unha Tarrasch algo heterodoxa, pois Andrés decidiu saírse da teoría parcialmente para non caer na monotonía da mesma. Non quedou peor, nin moito menos, pero a posición era igualada, complexa e, como demostrou a análise posterior, ambos bandos cometeron varias imprecisións. Como adoita pasar nestes casos, chega un momento en que algún dos dous xogadores colapsa, neste caso foi Eloy Sixto que xogou un g5 nada afortunado que daba ás ao ataque e as aspiracións de Andrés. Lograba entrar no enroque rival e a partida despois diso non durou moito máis.[continua]

La crónica, a cargo de: JACOBO LAMAS LUAÑA

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA PRIMERA B (LIGA 2017)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

CRONICA RONDA4 – (18-02-2017) PRIMERA B

PRIMERA B

CXF – BANCO MEDIOLANUM 1 – TORPEDO GALLAECIA 3

Peligrosa derrota ante un rival directo. Un equipo que debe reaccionar.

Una jornada más el equipo jugaba para salir de los puestos peligrosos de la tabla y nuevamente hemos perdido contundentemente ante un rival directo dejando como trascendental la próxima jornada de Liga pues será la previa a jugar con los rivales de arriba lo cual complicará mucho las cosas.

Las partidas empezaron con Andrea algo mejor contra Lamas y yo jugando una Dragón con Blancas contra Buitrón. Al menos cabía esperar que no me iba a sorprender la apertura. Mientras Adrián se tenía que enfrentar a la francesa y Melio con su Caro Khan intentaba conseguir el triunfo.

Aunque cabía esperar que al menos no me sorprendería la apertura sí me encontré con una posición relativamente desconocida, algo peligrosísimo en el Dragón donde el valor de cada jugada puede ser decisivo. Ante esto, con la seguridad de que mi adversario conocía la variante mejor que yo, después de pensar un rato decidí no transitar las líneas principales y probar una idea que no parecía del todo mala y no lo era pero que exigía la máxima precisión y también ahí me superó Buitrón que hizo una partida muy buena. Como consecuencia, llegamos a un finalito sin esperanzas donde el joven jugador del Gallaecia pudo imponer su ventaja.

Mientras, Melio se veía en cada vez más dificultades en su partida ante Adrián Perol y finalmente tenía que rendirse en una posición desesperada. Adrián Montáns, que salió de la francesa en una posición normal, después se equivocó y quedó según el mismo reconoció en posición perdida. Pero, por suerte, luego se equivocó su adversario, Stanislav Svub, permitiendo a Adrián rematar la partida y sumar un punto para nuestro equipo, el punto de la esperanza puesto que Andrea no estaba peor contra Lamas. Andrea jugó bien la partida, pero jugó ambiciosa intentando ganar una posición ante el resultado que teníamos, que no era favorable, y eso nos costó el punto. Una pena pues Andrea está jugando bien, hizo una buena partida y no merecía perder, pero así es el ajedrez y otras veces ganará posiciones que no merece ganar.

La situación es complicada, pero estoy seguro de que el equipo se crecerá ante las dificultades y saldremos de las posiciones peligrosas a la vuelta de carnavales.

La crónica, a cargo de: GONZALO BOUZA-BREY TEIJEIRO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA PRIMERA B (LIGA 2017)

EL EQUIPO CXF – BANCO MEDIOLANUM (2017)

1.GONZALO BOUZA-BREY TEIJEIRO
2.ANDREA DORADO MEIJIDE
3.ADRIÁN MONTÁNS LÓPEZ
4.JORGE SABORIDO BUA
5.JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GARCIA
6.JORGE LUIS MARIA LOPEZ
7.RAMON AMADOR MELIO REY
8.ALEJANDRO VICTORERO DOMINGUEZ
9.LUIS DIEGUEZ LOPEZ
10.JORGE DIOGO GUINARTE


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.