Campionatos Provinciais sub8, sub10, sub12 e sub16
O pasado fin de semana 130 xogadores entre as 4 categorías participaron nos campionatos provinciais de Pontevedra. Ben é certo que algúns repetiron gracias ó formato deste ano, moi condiconao pola pandemia.
Por mor dela houbo baixas de última hora, algunas advertidas quince minutos antes de comezar as primeiras rondas. Queremos agradecer a todos os participantes, pais e adestradores a súa colaboración para evitar incomparecencias. E salientar que o primeiro dia, o sábado, non houbo ningunha. O domingo foi irremediable e tivemos unhas poucas.
O local de xogo foi a Praza da Peixería. O día axudou e fixo que tivésemos un tempo moi agradable, agás tras o solpor cando se notaba a baixada das temperaturas. A luminosidade do local e a rúa semipeatonal axudaron para ter un rato de lecer entre partidas e no xantar.
Os podios estiveron moi disputados e inda máis o campionatos. En todas as categorías chegamos á derradeira ronda con opcións para varios xogadores. O resultado desa postreira ronda foi o que determinou quen levaría os trofeos. Mesmo nas categorías sub 10 e sub 16 houbo empate a puntos no primeiro posto.
Outro aspecto que nos da unha idea do reñido que estiveron os campionatos é que todos os campións perderon un punto, agás ´Diego en sub12 que so perdeu medio pero tivo que gañar a Antía na última ronda, que sería campiona en vez de Diego se gañase.
O primeiro posto no podio sub8 foi para Lois Roo do CX Fontecarmoa, acompañado por Xoel Antunes do Lucena e Alex Pino do Xadrez Mos.
Na categoría sub 10 o ouro levouno David Alvarez do Lucena, a prata foi para Isidro Betancourt do Ramiro Sabell e o broce para Carlos Pérez, do Xadrez Mos.
En sub12 acadou o posto máis alto Diego Ibáñez do Lucena, xunto con Breixo Vidal e Noa López, ambolos dous do Xadrez Marín.
Na categoría sub16 o campión foi Luca Rey, do CX Fontecarmoa. Levou a prata Xabier Pérez do Xadrez Mos e o bronce Ricardo Oubiña, compañeiro de Luca no CX Fontecarmoa.
O vindeiro ano contamos con volver ó formato habitual, con partidas máis lentas o que nos parece máis axeitado para uns provinciais. Neste ano a situación da pandemia condiciona este tipo de eventos e é o que nos queda. Esperamos que todos disfrutárades dos torneos, tanto xogadores coma acampañantes e que pronto nos volvamos ver sen restriccións.
E para o fin de semana continuaremos coas restantes categorías, o sábado sub 14 e sub 18 e o domingo a categoría absoluta, na que xa temos 64 participantes apuntados. Agardámosvos outra vez en Vilagarcía