IV TORNEO DANI DA ROCHA PROL
X CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2015
BASES do IV TORNEO DE XADREZ DANI DA ROCHA PROL
Valedeiro para o X Circuíto Galego Xadrez Promoción.
Organizador do torneo: Club de Xadrez Laroca
Data: Sábado 13 de xuño de 2015.
Lugar de xogo: Pavillón Deportivo de Panxón (Nigrán – Pontevedra).
Categorías:
Sub-8 «Promesas»: Nados nos anos 2007 e posteriores.
Sub -10 «Benxamín»: Nados nos anos 2005 e 2006.
Sub -12 «Alevín»: Nados nos anos 2003 e 2004.
Sub -14 «Infantil»: Nados nos anos 2001 e 2002.
Sub -20 «Xuvenil»: Nados nos anos 2000, 1999, 1998, 1997, 1996 e 1995.
Sistema de xogo:
Suízo a 7 roldas, elaborado cun programa informático.
Non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, agás erro na introdución manual de resultados.
Ritmo de Xogo:
Sub-8 e Sub-10: 20 minutos finish
Sub-12, Sub-14 e Sub-20: 15 minutos + 5 seg/mov
Horario de competición:
Confirmación de inscrición: A partir das 10:30
Roldas: 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 16:50, 17:40, 18:30 horas.
Entrega de Premios e Clausura: 19:30 horas.
Inscrición gratuíta na web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com, no correo xadrezlaroca@yahoo.es ou no teléfono: 667503572 (Agustín)
Prazo de inscrición:
Ata o xoves 11 de xuño ou ata chegar a 200 xogadoras/es por orde de inscrición.
Desempates:
1º Buchholz medio
2º Buchholz total
3º Progresivo ata as últimas consecuencias.
4º Sorteo
As partidas non disputadas computarán como táboas contra si mesmo para os efectos de Buchholz.
Xogadas ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida. Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.
Inicio das partidas: Á hora indicada para o inicio da rolda, poñeranse en marcha os reloxos d@s xogador@s que teñen as pezas brancas. O tempo máximo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.
Un xogador que non comparece á súa partida sen causa xustificada darase de baixa no Torneo. O motivo da ausencia debera notificarse á dirección do Torneo antes de publicar a seguinte rolda.
Nas categorías Sub-12, Sub-14 e Sub-20, non se aplicará en ningún caso o Apendice G do regulamento FIDE (reclamación de táboas), xa que os xogadores dispoñen de 5” de incremento por xogada.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.
Premios:
Trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría.
Trofeo para o xogador ou xogadora local mellor clasificado (Non acumulable).
Agasallos:
Todos os xogadores e xogadoras que rematen o Torneo obterán trofeo e participarán nun sorteo de agasallos (consultar na web do Club).
A inscrición no torneo suporá a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.
Dirección do Torneo: Constantino González Levices e Agustín Álvarez González.
Árbitro principal: Patricio Salgado Alonso.
Árbitros auxiliares: Juan Represa Garazo, Francisco Javier Vázquez Alonso.
A Organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen máis aviso cá súa publicación na web: http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.
Jugadores del Cxfontecarmoa. Inscribirse en el correo habitual de los torneos (torneos @ cxfontecarmoa.com)
SOCIAL 2015: GRAN FIN DE SEMANA DE AJEDREZ
CAMPEONATOS SOCIALES DEL CLUB 2015
Torneo San Froilan de Xadrez
IX OPEN XADREZ McDONALD’S CEREMONIA DE CLAUSURA DEL X CIRCUITO PROMOCIÓN
CX Fontecarmoa Campeón por Clubs en Ourense
Fontecarmoa, Xadrez Ourense y Casa da Xunventude, los más laureados
Diez podios en el VI TORNEO CONCELLO DE LALIN 2015
IX Open Xadrez McDonalds 2015
VIII Festival de Xadrez para xóvenes “Expourense 2015”
¿QUÉ PASÓ EN EL III MASTERCHESS CENTRO COMERCIAL AROUSA?
... Ver más.