«

II Romaría Xadrez Viking Rise

Durante toda a xornada do sábado celebrouse a II ROMARÍA VIKING RISE DE XADREZ 2025, encadrada na 65ª edición das festas catoirenses de Interese Turístico Internacional. A organización correu a conta do Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa e foi patrocinada por varios organismos oficiais, empresas privadas da comarca e especialmente Viking Rise que se postula como imaxe oficial para as vindeiras edicións da romería xadrecística na vila do Ulla.

A participación foi moi numerosa alcanzándose a cifra de 145 xadrecistas inscritos de toda a comunidade que disputaron este torneo repartidos en cinco categorías: Senior, Infantil, Alevíns, Benxamíns e Promesas. Os participantes foron sorprendidos por a visita dunha comitiva vikinga, poidendo sacar fotos como recordo da súa participación.

Os acomañantes puideron gozar de rutas as praias fluviais e ás torres do Oeste, recordo da historia dos ataques vikingos a costa galega e a Compostela. A Romaría Vikinga é unha festa de lembranza con mercado nas rúas, representacións teatrais, música e moito máis.

Moitos dos nosos cativos non perderon a opornudidade vikinga

A proba, sexta no calendario do XVIII Circuito Galego Promoción, foi un éxito de participación, contando que había outros eventos xadrecísticos en Galicia e mesmo a nivel nacional, que impediron que xogadores habituais das citas oficiais poideran asistir ó torneo.

Despois das sete roldas do campeonato en cada categoría, todos os xogadores foron obsequiados cun recordo da Conxerveira Friscos e trofeos doados polo Concello e as diversas empresas patrocinadoras.

O alcalde inaugurando o torneo fronte a unha cotoirense

Na entrega de premios contouse ca presencia do alcalde catoirense Xan Castaño, o vicepresidente da Federación Galega de Xadrez, Angel Vilas, o xerente de Conservas Friscos Antonio Vázquez, o concelleiro de Cultura e Deportes Raúl Gómez e a Vicepresidenta do Fontecarmoa Myriam Gómez.

Podio absoluto

No aberto senior proclamouse vikingo de ouro o xoven compostelano Sergio Calvo. Acompañárono no podio Juan Lema de Padrón e Miguel Santiago de Marín. Cuarto posto para o pontevedrés Lois Vilaboa e quinto para o xogador padrones Antonio Susavila.

Os premiados por tramos

Nos diversos tramos de premios e categorías que foron establecidos pola organización, resultaron gañadores:

  • Sub 16: Iván Sánchez Fernández, da Escola Xadrez Compostela.
  • Sub 18: Nestor Nañez Chierroni, del Vila de Bouzas.
  • Campiona Feminina: María Teresa Goldar Pérez, da Escola Xadrez Compostela.
  • Campión Veterán: Alejandro Prado García, do Club Dorna da Illa de Arousa.
Os locais tivero os seus premios

Así mesmo o equipo organizativo tamén reparteu premios para os mellores xogadores locais nados ou residentes en Catoira, resultando gañadores:

  • Sub 12: Dario Fontenla Martínez
  • Sub 16: Mario Fontenla Martínez
  • Feminino: Ana Lorenzo Blanco
  • Campión Senior: Miguel Conde Rodríguez
Podio sub14

En infantís o ouro marchouse para Vigo ca victoria de Mateo Pérez, sendo segundo Martín Cachafeiro de Arteixo e terceiro Iván Martínez do club Lucena de Vigo.

Podio sub12

Victoria en Alevíns do pontevedrés Javier Lema, plata para Marco Marcote de Sada e bronce para Telmo Resúa de Rianxo.

Podio sub10

Na categoría para menores de 10 anos, o chanzo mais alto do podio foi para o xadrecista santiagués Hugo Boquete, quedando segundo Yago Brea de Mos e terceiro Aldán Martínez de Padrón

Podio sub8

As futuras promesas do xadrez galego topáronse na categoría dos mais mozos, todos eles menores de 8 anos, onde Roi Bello de Carballo levouse o ouro, sendo escoltado por Martín Lema de Pontevedra e Leo González de Mos. O noso compañeiro Miguel Briones foi o cuarto clasificado, e levou un trofeo para casa.

Co éxito da execución desta segunda edición da Romaría Viking Rise de Xadrez, a organización do Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía colocan o evento no horizonte autonómico como unha cita ineludible para as e os aficionados ó xadrez de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.