«

IV TORNEO CASA ROCÍO

O sábado pasado xogamos o torneo de Casa Rocío que foi tamén o da despedida da nosa patrocinadora: vai traspasar o local pero contamos con que o torneo se siga facendo.

O tempo foi moi agradable pola noite, mentres que pola tarde a calor foi moita. Era unha preparación da semana que iba empezar, na que a protagonista (meteorolóxicamente falando) vai ser unha vaga de calor. Tamén suamos porque tivemos que coller as mesas desde a Praza da Peixería hasta Casa Rocío. Menos mal que veu Raúl e ten un coche con moita cabida de maletero.

Luis estaba pola tarde, pero pola noite tiña cita co Albariño

Logo pola noite baixou a calor e afortunadamente non tivemos ese vento doutras ocasións que nos levantaban os taboleiros coas pezas. O domingo na Illa vimos a solución: pegar os taboleiros ás mesas con fiso.

Moito ambiente pola noite

A participación foi moi numerosa, con máis dos 84 xogadores posibles apuntados. Cos byes da primeira ronda chegamos á segunda na que tivemos que buscar voluntarios para non xogar, que o final foron Raúl e Evaristo. Pero aproveitamos para falar con moita xente que había tempo que non aparecían polo club, como Jaime Doldán e Lara Vilas.

Podio absoluto

Pasaron as rondas e a iso da unha da noite todo estaba decidido. Chamamos a Rocío e procedimos á entrega de premios. O campión desta edición foi Gonzalo Bouza-Brey, o gran afeccionado do noso club que non perde un torneo (agás xogue o Arousa). O subcampión foi Miguel Casado, da EX Pontevedra, un rapaz ainda sub12 e que pasou por riba dos sub14 e dos absolutos.

O terceiro clasificado foi Iago Ramos, do CD Marquiño. E tras el dúas rapazas, Irene Diz foi a cuarta e Pura Diéguez a quinta. Irene, a nosa compañeira do CX Fontecarmoa, foi tamén a campiona feminina.

Podio veterano

Entre os veteranos o campión foi Antoni Susavila, do CA Padrón. Faltou o segundo clasificado, Miguel Angel Santiago, que xa tan tarde marchara; tiña pouca fe en poder gañar un premio. Quen no se moveu foi Jorge María, o veterano xogador do noso club que levou o terceiro posto.

Podio sub 14, ¿ou sub12?

Nos sub14 Javier Lema foi o campión. Un rapaz do 2014 da EX Pontevedra que imos que ter moi en conta nos torneos. Outra promesa do xadrez galego e de Padrón é Noé Diz, do 2015 e segundo clasificado da categoría. O terceiro foi sub14, Mateo Pena, do Xadrez Mos, quen tampouco contaba con levar nada e tivo que volver ás carreiras, malia que non chegou para a foto.

Podio sub12

Entre os máis pequenos, Xoel Roo foi o campión, do CD Marquiño. Á súa dereita estivo Miguel Leiros (Aguín, non Agüin), do CX Fontecamroa e que o presentador non sabía o apelido. E o terceiro foi Vicente Telmo, do Xadrez Rianxo.

Remataba así a entrega de premios e agradecemos a todos os presentes por participar canda nós nesta festa do xadrez, e pola súa axuda en recollermos todo o material ó remate. Non quedamos tan contentos co Concello, pois xa cando marchou todo o mundo tivemos que cargar todas as mesas e levalas outra vez á Peixería, a iso das dúas da mañá entre os catro que quedabamos. Tamén agradecemos o seu traballo á parella arbitral formada por Lucas e Jorge. Sobre todo a Lucas, que veu a pesar de estar medio enfermo e ademáis pasou horas facendo as inscripcions dos xogadores.

A seguinte cita foi o domingo na Illa, cos seus torneos de mañá. Nel, o noso xogador Luca Rei foi o campión por diante de varios maestros, cedendo só unhas táboas contra Gonzalo, que acabou na quinta posición. Ven despois o torneo do Albariño, o vindeiro sábado e o seguinte nocturno o 29 de Agosto no Centro Comercial Arousa. Non vos esquezades.

E finalmente unhas palabras de agradecemento a Rocío por patrocinar o torneo que leva ó seu nome durante catro anos. Desexámoslle moita sorte no futura e unha feliz maternidade, que esa nova vida sexa a ledicia da súa familia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.