XI Masterchess Centro Comercial Arousa

Rematou o torneo do Centro Comercial Arousa e con iso iniciamos o parón do verán nas actividades do club. Parón relativo, pois en Xullo e hasta mediados de Agosto manteranse clases os martes e xoves pola mañá, a partir das 11. E non tardará o circuito nocturno.
Fomos preto de 200 xogadores os que participaron e deron vida o centro comercial nun caluroso sábado. Foi suavizado polo aire acondicionado, o que facía que se estivese mellor que fora. Agás na sala do absoluto, que pronto se convertíu nunha sauna.

Na categoría sub8 o podio foi para Martín Pereira, Martín Lema e Leo González, do Xadrez Arteixo, EX Pontevedra e Xadrez Mos Respectivamente. Martín Lema rompeu a súa racha de contar os torneos nos que participa por victorias, pero o seu segundo posto permítelle reter o liderazgo na clasificación xeral.

Foi moi interesante este enfrontamento, porque hai a tendencia de separarse polo rapaces do Norte e os do Sur de cara a ir ós torneos. Por iso cando coinciden rapaces dos dous lados todos gañan en riqueza xadrecística.

Os participantes do noso club disfrutaron dun día entre amigos, moitos se estreaban na competición. Os mellores clasificados foron Sabela Cores e Asier Cores, entre os dez primeiros. Non son familia, pero habería que estudiar se o apelido marca.

En sub10 o campión foi Mateo Rey, do CA Lucena, acompañado por Abraham Pereira (Xadrez Arteixo) e Antonio V Barros (Xadrez Mos). A indisposición de Yago Brea, que agradecemos que avisara, impediunos disfrutar do duelo con Mateo Rey, ambos en liza polo primeiro posto do Circuito.

Os nosos trece participantes non tiveron o seu mellor día, pero seguro que disfrutaron de atoparse con tantos compañeiros de xogo. Nesta categoría xogou 4 partidas Aimar Reinaldo, o fillo de Roi, a quen moitos conocimos de moi pequeno.

Sub12 gañouno con 6’5 puntos Javier Lema, da EX Pontevedra, Estivo no podio co seu compañeiro Martín Moreira, terceiro clasificado, e entre eles David Alvarez, do CA Lucena. Son os mesmos tres que encabezan a clasificación provisional do circuito, malia que en diferente orde.

A representación do CX Fontecamoa foron dez nenos. O mellor clasificado foi Lois Roo, quen está madurando no seu xogo: pasou de xogar coma un foguete a perder por tempo. En calquera momento sorprende.

A participación en sub14 foi de 25 xadrecistas Bastante nutrida para o que estamos afeitos, unha categoría que as veces queda moi cativa. O ouro foi para Iván Martínez, do CA Lucena; prata para Yerai Fernández, do CD Portas; e o bronce para Andrés Cacabelos do club EX Pontevedra.

Foron 5 os inscritos cos nosos colores, e dentre eles os 4 que participaron conseguiron todos puntuar. ainda que quedaron na metade inferior da táboa.

A categoría absoluta foi a máis numerosa con 68 inscritos, e a que estivo máis quente de todas nun abafante día. Ainda que houbo varias baixas, só houbo unha incomparecencia: un afeccionado portugués que non deu chegado. O local era novo, moi bonito a exposición de pintura levantou moitos comentarios. E tamén fomos moitos os que estabanos na sala, moi acristalada e non había forma de arrefriala. Pero non morreu ninguén e hai que ser un pouco sofrido; ainda así, tomamos nota para vindeiras edicións.

En canto os resultados, 4 dos 5 trofeos da clasificación final foron para Mos: Roi Cabanas, Oscar Sanjuan, Xabier Pérez Sousa e Antonio Pampillón. Entre eles só puido meter o noso compañeiro Adrián Betanzos, no cuarto posto. Adrián Montáns e Oscar Victorero estiveron entre os 10 primeiros, nos postos 8 e 9.

Nos premios por tramos, o campión veterano foi Antonio Susavila, décimo da xeral, un dos habituais do CA Padrón. O feminino quedou en casa gracias o bo facer de Andrea Dorado, unha das nosas representantes cun meritorio décimo terceiro posto. .
Houbo tamén trofeo para os sub18 e sub16. O primeiro acadouno Javier del Valle, con 15 anos e sexto na xeral, do Xadrez Mos. E o sub16 quedou no club malia que marcha para Cambados, pois foi para Ricardo Oubiña, décimo segundo na clasifcación final.
Finou o evento co que máis lles gusta ós cativos, o sorteo de agasallos entre os participantes. Houbo moita ilusión, sobre todo cos premios finais da tablet e da bicicleta. E foi unha ledicia ver que os nenos valoraban a bicicleta como o mellor e o máis desexado.

O torneo deu moito máis de si, pero en aspectos xa non directamente relacionados coa competición. Ivan Vázquez veu facer unha norma desde Ourense, e o rematar o día fixo moita ilusión saber que Lucas Abal xa é árbitro nacional e que no club hai relevo para todos. Na comida falamos da organización do club, dos cambios que haberá na federación, de propostas para a liga… Que deu moito de si o día.

E tamén algo do que temos que estar orgullosos, e que tras o chamamento para colaborar na montaxe e recollida, foron moitos os socios do club que acudiron e axudaron. Iso é o que realmente mantén o nos club, a colaboración desinteresada dos seus socios.
E rematamos coma sempre agradecendo ós nosos patrocinadores, o Centro Comercial Arousa polo local e os agasallos, e o Concello de Vilagarcía que a través da Fundación de Deportes encargouse da loxística de mesas e sillas.