¡¡¡VOLVE O SOCIAL!!!

¡O SÁBADO 22 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA NA PEIXERÍA!
Cos últimos días do ano volve a xuntanza anual dos membros do CX Fontecarmoa. Xadrez, diversión, merenda e parranda hasta cansar.
Apuntádeo na axenda, na nevera, onde adoitedes facelo, pero non faltedes a este gran evento xadrecístico do noso club.
As inscripcións nestes enlaces á categoría absoluta ou a sub12. Ou falade con quen vos sexa máis cómodo, pero non quededes sen apuntarvos. E comprobacións en Info64: sub12 e absoluto
BASES
Data: Sábado 22 de Novembro
Lugar de xogo: Praza da Peixería
Horario: horarios orientativos, as rondas xogaranse segundo se
fagan os emparellamentos
- Pesentación e montaxe: 10:30
- Ronda 1 11:00
- Ronda 2 12:00
- Ronda 3 13:00
- Ronda 4 16:00
- Ronda 5 16:50
- Ronda 6 17:40
- Ronda 7 18:30
- Ronda 8 19:20
Cerimonia de clausura: tras o remate da derradeira partida e obtención das clasificacións finais. Hora estimada: 20:15
Sistema de xogo:
- Torneo sub-12: suizo a 8 rondas a 20 minutos
- Torneo absoluto: suizo a 8 rondas a 15 min + 5 seg/mov
- Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada); no torneo sub12 non se aplicara a directriz III.4 agás casos excepcionais aceptados polo equipo arbitral.
Pregámosvos que manteñades os móviles apagados ou en silencio. Se algún fixera calquera ruido o xogador perderá a partida. O acabar as partidas teremos tamén os móviles en silencio e manteremos un comportamento axeitado para non perturbar as partidas en xogo.
O programa de emparellamento será o VEGA, e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos.
Desempates:
Torneo sub12:
- Enfrontamento particular DE
- Buchholz brasileiro* BH-C1
- Buchholz total* BH
- Media del Buchholz de los rivales* AOB
- Sonneborn-Berger* SB
Torneo absoluto:
- Enfrontamento particular DE
- Buchholz brasileiro* BH-C1
- Buchholz total* BH
- Media del Buchholz de los rivales* AOB
- APRO**
De se manter o empate, botarase a sortes.
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Baku 2023 de la FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador
** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1400
Byes: pódense pedir hasta dous byes de medio punto no torneo absoluto, agás nas dúas últimas rondas.
Xogadas ilegais: no torneo sub12 permitiranse dúas xogadas ilegais e non se incrementará tempo polas ilegais. No torneo absoluto seguiremos as Leis do Xadrez (pérdese á segunda ilegal).
Tempo de espera: hasta a caída de bandeira
Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López, quen tamén xogará.
Arbitros de Auxiliares: os que estean dispoñibles tras acabar as súas partidas.
As decisións do equipo arbitral serán inapelables. Lémbrase que os árbitros dispoñibles tamén estarán xogando, e que é o social, así que ante todo ha primar o compañeirismo e gozar.
Inscripcións: nestes enlaces á categoría absoluta ou a sub12.
Premios:
- Campionato sub12: trofeos ós 3 primeiros por idades (sub12, sub10 y sub8) e trofeos conmemorativos para todos os participantes.
- Campionato absoluto: trofeos para os 3 primeiros da clasificación xeral, sub18 e sub14; trofeos para campioas femininas absoluta, sub18 y sub14; trofeos para veteranos masculino e feminino (nacidos no ano 1971 e anteriores); obsequios para todos los participantes.
- Participantes: merendola tras rematar a entrega dos premios anteriores
Os premios non serán acumulativos agás a merendeola. No caso de optar a varios darase o primeiro ó que se teña dereito segundo a orde na que están anunciados.