VOLVE O CIRCUITO NOCTURNO
Xa en Xullo temos que falar do circuito nocturno de verán, non nos esquecemos deste gran fenómeno xadrecísticos das noites estivales vilagarciáns.
Este ano repetimos con tres torneos e nos mesmos lugares. Hai algunha novidade, pois xa sabemos que a cafetería La Marina foi transpasada e agora é El Huerto del Cura. Pero o torneo faise no mesmo sitio.
Déixovos deseguido as datas que non podedes perder, as noites nas que o xadrez será o centro de atención:
- XVII La Marina-El Huerto del Cura: venres 11 de Xullo na avenida da Mariña, a partir das 9 do serán
- IV Torneo Casa Rocío: venres 8 de Agosto na rúa Arapiles, a partir das 9 do serán
- IV Nocturo Centro Comercial Arousa: venres 29 de Agosto, a partir das 9 do serán no mesmo centro comercial.
Teremos premios para os 5 primeiros clasificados da xeral e a campiona feminina (acumulable). Ademáis, tamén haberá trofeos para os tres mellores veteranos (50 anos), sub 18 e sub16, estes non acumulables e que se dará preferencia ós sub18 sobre os sub16 no caso de optar a dous.
As inscripcións faranse no correo torneos@cxfontecarmoa.com indicando o torneo no que se quere participar (importante facelo porque polo medio vaise xogar o torneo de Catoira). Tamén nos canais habituais que usades para anotarse a estes torneos. Non o deixedes para o final, porque só hai taboleiros para 80 xogadores.
O ritmo de xogo será lóstrego, a 10 minutos sen incremento e 7 rondas. O protocolo será moi informal e o comportamento moi amigable, polo que seguiremos o artigo B.3 de partidas sen supervisión axeitada e os artigos que se queiran solicitar nos locais dos patrocinadores.