«

TORNEO SOCIAL 2023

Malia que con retraso, volve o Social do noso club. Por diversos motivos non seu puido xogar en Novembro, como adoita ser. Este ano, alomenos, podemos dicir que o social xógase no ano que lle corresponde.

Por mor de estar ocupada a Praza da Peixería e outros locais non se puido organizar no seu momento. Pero agora podemos volver con maior desexo. Pola contra, a Praza da Peixería segue ocupada polas mañás, polo que teremos que agardar á tarde para que limpen o local e montar os xogos .

Lembrade: reservade o sábado 28 pola tarde para estar todos presentes na praza da Peixería. Alí estaremos a partir das 4 da tarde para preparar as mesas e taboleiros e contamos con empezar ás 4 e cuarto. Toda axuda será benvida.

Xogaremos nas categorías de sub12 e absoluto, a 8 rondas, 15 minutos finish os pequenos e 10 m +5 s/mov no absoluto. Tras a entrega de premios e proclamación dos campións deste ano procederemos ó pincho de irmandade.

Consulta de inscripcións: sub12, absoluto

BASES

Data:   Sábado 28 de Xaneiro

Lugar de xogo:  Praza da Peixería

Horario: horarios orientativos, as rondas xogaranse segundo se fagan os emparellamentos      

Pesentación e montaxe:       16:00

Ronda 1               16:15

Ronda 2               17:00

Ronda 3               17:30

Ronda 4               18:00

Ronda 5               18:30

Ronda 6               19:00

Ronda 7               19:30

Ronda 8               20:00

Cerimonia de clausura: tras o remate da derradeira partida e obtención das clasificacións finais

Hora estimada: 20:45

Sistema de xogo:  

Torneo sub-12: suizo a 8 rondas 15 minutos finish

Torneo absoluto: suizo a 8 rondas 10 min + 5 seg/mov

Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada); no torneo sub12 aplicarase a directriz III.4

Pregámosvos que manteñades os móviles apagados ou en silencio. Se algún fixera calquera ruido o xogador perderá a partida. O acabar as partidas teremos tamén os móviles en silencio e manteremos un comportamento axeitado para non perturbar as partidas en xogo.

O programa de emparellamento será o VEGA, e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos.

Inscripcións: a través dos delegados de equipo, falando coa directiva ou con Evaristo ou no correo torneos@cxfontecarmoa.com

Desempates:

Torneo sub12:

  1. Enfrontamento particular
  2. Buchholz brasileiro*
  3. Buchholz total *
  4. Sonneborn-Berger*
  5. Koya

Torneo absoluto:

  1. Enfrontamento particular
  2. Buchholz brasileiro*
  3. Buchholz total*
  4. Sonneborn-Berger*
  5. APRO

* Nas partidas non disputadas aplicarase a variante do rival virtual.

Byes: pódense pedir hasta dous byes de medio punto no torneo absoluto, agás nas tres últimas rondas.

Xogadas ilegais: no torneo sub12 permitiranse dúas xogadas ilegais e non se incrementará tempo polas ilegais. No torneo absoluto seguiremos as Leis do Xadrez (pérdese á segunda ilegal).

Tempo de espera: hasta a caída de bandeira

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López

Arbitros de Auxiliares: os que estean dispoñibles tras acabar as súas partidas. As decisións do equipo arbitral serán inapelables.

Ultimos 10 articulos relacionados con 2023:
TORNEO SOCIAL 2023
... Ver más.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.