TORNEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2026

Este ano repetimos a colaboración do CX Fontecarmoa coa Federación Galega de Xadrez para a organización e desenvolvemento dos torneos provinciais.
Podédevos inscribrir no seguinte formulario, indicando nome e apelidos, código FIDE, categoría, club e byes se os necesitades. O prazo de inscricìón rematará as 4 da tarde do xoves anterior ó inicio da competición. Se tedes algún problema, podedes escribir ó correo torneos@cxfontecarmoa.com onde atenderemos calquera dúbida que teñades.
Trátase dunha competición oficial, polo que tedes que ter en conta os seguintes detalles:
- Para poder participar hai que estar federado na tempada 2026
- A Federación confirmará os listados, polo que rematado o prazo de inscripción enviaranse os listados e non se farán novas altas sen o consentimento da Federación.
- Nas categorías sub18 e absoluto xogaredes a ritmo lento, polo que será obrigatorio anotar as partidas.
- Nas categorías sub18 e absoluta elixirase un comité de apelación formado polo director do torneo e árbitros adxuntos hasta 5 membros, elexido antes do inicio da primeira ronda, segundo o artigo 59.2.2.6 do Regulamento Xeral de Competicións da FEGAXA
A continuación deixámosvos os enlaces a Info64 das distintas categorías e as bases dos torneos:
sub8 sub10 sub12 sub14 sub16 sub18 absoluto
BASES
Organizador do torneo: Federación Galega de Xadrez
Colaboran: Club Xadrez Fontecarmoa e Concello de Vilagarcía de Arousa
Datas: días 10, 11, 17 e 18 de Xaneiro do 2026
Lugar de xogo: Praza da Peixería
Categorías:
- Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2018 e posteriores
- Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2017 e 2016
- Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2015 e 2014
- Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2013 e 2012
- Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2011 e 2010
- Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2009 e 2008
- Absoluto: nados nos anos 2007 e anteriores.
Se nalgunha categoría non hai 6 participantes agruparanse as categorías segundo o indicado no artigo 59.2.1 do Regulamento de Competicións da FEGAXA.
Sistema de xogo*:
- Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 7 rondas 30 min finish; aplicarase a Directriz III.4
- Categorías Sub-14 e Sub-16: suizo a 6 rondas 30 minutos +15 seg por movemento
- Nestas categirías aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada)
- Categorías Sub-18: suizo a 6 rondas 30 min + 30 seg/mov**
- Categoría absoluta: suizo a 8 rondas 30 min + 30 seg/mov **
Empregarase o programa de emparellamento VEGA e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos nin desempates calculados. No caso de erro na anotación dos resultados, haberá 15 minutos tras a publicación da ronda para reclamacións
*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org
** Ritmo Lento: é obrigatorio anotar as partidas
Byes: poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.
Tempo de espera: media hora e de acordo coas Leis do Xadrez (artigo 6)
Dispositivos electrónicos: permítese ter os teléfonos móviles gardados nunha bolsa completamente apagados e sen facer usos deles durante as partidas. Se algún dispositivo fixera calquera ruido perderase a partida.
Calendario de competición:
Categorías Sub-8 e Sub12 Categorías Sub-16
- Rolda 1 Domingo 11 11:00 Rolda 1 Sábado 10 16:00
- Rolda 2 Domingo 11 12:00 Rolda 2 Sábado 10 17:30
- Rolda 3 Domingo 11 13:00 Rolda 3 Sábado 10 11:00
- Rolda 4 Domingo 11 16:00 Rolda 4 Domingo 11 16:00
- Rolda 5 Domingo 11 17:00 Rolda 5 Domingo 11 17:30
- Rolda 6 Domingo 11 18:00 Rolda 6 Domingo 11 19:00
- Rolda 7 Domingo 11 19:00
Categorías Sub-10 Categorías Sub-14
- Rolda 1 Domingo 18 11:00 Rolda 1 Sábado 17 16:00
- Rolda 2 Domingo 18 12:00 Rolda 2 Sábado 17 17:30
- Rolda 3 Domingo 18 13:00 Rolda 3 Sábado 17 19:00
- Rolda 4 Domingo 18 16:00 Rolda 4 Domingo 18 16:00
- Rolda 5 Domingo 18 17:00 Rolda 5 Domingo 18 17:30
- Rolda 6 Domingo 18 18:00 Rolda 6 Domingo 18 19:00
- Rolda 7 Domingo 18 19:00
Categorías Sub-18 Categoría Absoluta
- Rolda 1 Sábado 17 16:00 Rolda 1 Domingo 11 10:00
- Rolda 2 Sábado 17 18:00 Rolda 2 Domingo 11 12:00
- Rolda 3 Domingo 18 10:00 Rolda 3 Domingo 11 16:00
- Rolda 4 Domingo 18 12:00 Rolda 4 Domingo 11 18:00
- Rolda 5 Domingo 18 16:00 Rolda 5 Domingo 18 10:00
- Rolda 6 Domingo 18 18:00 Rolda 6 Domingo 18 12:00
- Rolda 7 Domingo 18 16:00
- Rolda 8 Domingo 18 18:00
Clausura: ás 20:30 horas de cada día final de competición.
Desempates:
- Enfrontamento directo (DE)
- Buchholz -1 (BH-C1)*
- Buchholz total (BH)*
- Media do Buchholz dos oponentes (AOB)*
- APRO**
- Sorteo
* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Baku 2023 da FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador
** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1400
Inscricións: a través dos clubs no formulario https://docs.google.com/forms/d/1gaTlxJXTteH4uzAF_-g40ibSCtGxcGpcLAAc8oxebzE/viewform?edit_requested=true#settings indicando código FIDE, nome, apelidos, categoría e club hasta:
- Categoría sub-8, sub-12, sub16 e absoluto: ás 16:00 do 8 de Xaneiro.
- Categoría sub-10, sub-14 e sub-18: as 16:00 do 15 de Xaneiro.
Poderán participar os xogadores federados na tempada 2026 en clubs e xogadores independentes da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.
Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.
Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López
Árbitros auxiliares:
- AA Lucas Abal Cores
- AAB Manuel Suárez Vallejo
- AAB Roberto Vidal Valtuille
Delegada de Protección do Menor: Myrian Gómez Andrés
Comité de apelación: estará formado polo director do torneo, árbitro principal e os árbitros adxuntos hasta un total de 5 membros (artigo 59.2.2.6 do Regulamento Xeral de Competicións da FEGAXA).
Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación daquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar contra o dereito ao honor nos térmos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.
Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento non terá carácter retroactivo.
