«
»

SOCIAL 2022

Tras a ausencia do ano pasado debida ó covid19, volvemos organizar o acostumado torneo social.

Como novidade, hogano farémolo na Praza da Peixería, a 8 rondas e xogaremos os torneos sub12 e adulto á vez. A intención és que despois do parón por mor da pandemia nos anos 2020 e 2021, volvamonos ver todos e que os máis pequenos que aínda non puideron competir poidan ver cómo é un torneo de xadrez e o ambiente que o rodea.

A nova situación da pandemia permítenos volvernos xuntar para o torneo social. Eso sí, no podemos esquecer a mascara e cumprir os protocolos de seguridade das autoridades sanitarias.

Os torneso podédelos seguir en info64, nos seguintes enlaces para os campionatos sub12 e absoluto. Agradecémosvos que comprobedes que esteades ben inscritos e os byes solicitados.

Podedes consultar a continuacion as

BASES

Data:       Sábado 23 de Outubro

Lugar de xogo:  Praza da Peixería

Horario:    

   Pesentación         10:30

Ronda 1                        11:00

Ronda 2                        12:00

Ronda 3                        13:00

Ronda 4                        16:00

Ronda 5                        16:50

Ronda 6                        17:40

Ronda 7                        18:30

Ronda 8                        19:20

Cerimonia de clausura: tras o remate da derradeira partida e obtención das clasificacións finais. Hora estimada: 20:00

Sistema de xogo:  

Torneo sub-12: suizo a 8 rondas 20 minutos finish

Torneo absoluto: suizo a 8 rondas 15 min + 5 seg

Aplicarase o artigo A4 (partidas sen supervisión axeitada); no torneo sub12 aplicarase a directriz III.4

Pregámosvos que manteñades os móviles apagados ou en silencio. Se algún fixera calquera ruido o xogador perderá a partida. O acabar as partidas teremos tamén os móviles en silencio e manteremos un comportamento axeitado para non perturbar as partidas en xogo.

O programa de emparellamento será o VEGA, e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos.

Desempates:
Torneo sub12:

  1. Enfrontamento particular
  2. Buchholz brasileiro*
  3. Buchholz total *
  4. Sonneborn-Berger*
  5. Koya

Torneo absoluto:

  1. Enfrontamento particular
  2. Buchholz brasileiro*
  3. Buchholz total*
  4. Sonneborn-Berger*
  5. APRO

* Nas partidas non disputadas aplicarase a variante do rival virtual.

Byes: pódense pedir hasta tres byes de medio punto no torneo absoluto, agás nas tres últimas rondas.

Xogadas ilegais: no torneo sub12 permitiranse dúas xogadas ilegais e non se incrementará tempo polas ilegais. No torneo absoluto seguiremos as Leis do Xadrez (pérdese á segunda ilegal).

Tempo de espera: hasta a caída de bandeira

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López

Arbitros de Auxiliares: os que estean dispoñibles tras acabar as súas partidas.

As decisións do equipo arbitral serán inapelables.

Premios:

  • Campionato sub12: medallas de ouro, prata e bronce ós 3 primeiros clasificados e medallas conmemorativos para todos os participantes.
  • Campionato absoluto: premio sorpresa para o campión

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.