«

II Romaría Xadrez Viking Rise

Volve o torneo do medio do verán, o dos vikingos, a romaría do xadrez do Concello de Catoira. Neste ano coa súa segunda edición e co patrocinio do Viking Rise. Os que non saiban o que é, que acudan e sairán enterados.

Como o ano pasado, hai a edición dos cativos, incluida no XEII Circuito Galego de Promoción da Federación Galega de Xadrez, e outra para os grandes, a partiren de 14 anos hasta onde aguante o corpo.

Vai ser o sábado 26 de Xullo e no formato habitual, xadrez rápido, con 7 rondas a partir das 11 da mañá e hasta as 8 da tarde. As inscipcións podédelas facer no correo torneos@cxfontecarmoa.com ou no seguinte formulario.

A publicación das inscripcións e dos emparellamentos será en Info64, e vos agradecemos avisedes canto antes vos decatades de calquera erro:

sub8 sub10 sub12 sub14 absoluto

BASES

Torneo Circuito Galego Promoción

Organizador do torneo: Concello de Catoira

Colaboradores: Club Xadrez Fontecarmoa

Data: Sábado, 26 de Xullo de 2025.

Lugar de Xogo:    Casa do Concello de Catoira

Horario:                                                    10:30 h.               Presentación

                                                                     11:00 h.               1ª Rolda

                                                                     12:00 h.               2ª Rolda

                                                                     13:00 h.               3ª Rolda

                                                                     16:00 h.               4ª Rolda

                                                                     17:00 h.               5ª Rolda

                                                                     18:00 h.               6ª Rolda

                                                                     19:00 h.               7ª Rolda

                                                                     20:00 h.               Acto de Clausura e Entrega de Premios

Categorías:

  • Sub – 08 “Promesas”: Nados nos anos 2017 e posteriores
  • Sub – 10 “Benxamíns”: Nados nos anos 2015 e 2016
  • Sub – 12 “Alevíns”: Nados nos anos 2013 e 2014
  • Sub – 14 “Infantís”: Nados nos anos 2011 e 2012

Sistema de Xogo: 

Categorías Sub-8 e Sub-10: suizo a 7 rondas de 20 minutos finish; non se aplicarán as directrices III salvo nos casos excepcionais aceptados polo árbitro.

 Categorías Sub-12 e Sub-14: suizo a 7 rondas 15 minutos + 5 segundos por xogada

Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada)

Utilizarase o programa de emparellamentos VEGA

Inscripcións:      Ata o 22 de xullo no correo electrónico torneos@cxfontecarmoa.com e no seguinte formulario

Consultas  en   www.cxfontecarmoa.com

Participantes:  Ata un máximo de 200 xogadores admitidos por orde de inscrición. Non se admitirán incorporacións pasada a data de inscrición, agás error na recepción de datos ou decisión da organización.

A solicitude de inscrición no torneo implica a aceptación da totalidade das bases e normas do mesmo.

Inscripcións non federados:  Deberán mandar foto do DNI e datos de contacto, antes da data final de inscripción ao correo club@cxfontecarmoa.com   Serán federados polo Club Xadrez Fontecarmoa para o que resta de tempada. Cuota 5€ a pagar o día do torneo.

Desempates:    

  1. Enfrontamento Particular (DE)
  2. Buchholz Brasileiro* (BH-C1)
  3. Buchholz Total* (BH)
  4. Media do buchholz dos rivais* (AOB)
  5. Sonneborn-Berger* (SB)
  6. Sorteo

* Para as partidas non xogadas considerase a variante Baku 2023 da FIDE tanto para os rivais como para o  propio xogador.

Byes:  Permítense byes sen puntos solicitados antes do comenzo de cada ronda.

Xogadas ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida. Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.

Tempo de espera: Ata caída de bandeira; a hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñen as pezas brancas.

Coordinador: Angel Francisco Vilas Fernández

Director del Torneo: Manuel Suárez Vallejo

Arbitro Principal: AI Evaristo Rodríguez López

Delegada de Protección do Menor: María Gloria Ruibal Nogueira

Premios: Para os cinco primeiros de cada categoría.

A organización reservase o dereito de incluir premios a nivel local para veciños ou nados en CATOIRA.

Sorteo: Entre todo os xogadores que terminen o torneo.

Obsequios: A todo os xogadores que terminen o torneo.

Aceptación: Os delegados de cada club e os xogadores inscritos autorizan á organización do torneo a difusión de información ou a utilización de imaxes ou do nome do equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo do seu honor ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses e sempre dentro do marco legal que se fixa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 15/99, de 13 de Decembre, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Para recoller o premio, e imprescindible estar presente na cerimonia de clausura, no seu defecto declararase deserto.

A Organización resérvase o dereito de realizar os trocos necesarios nas bases ca única obriga da sua previa pubricación na web oficial www.cxfontecarmoa.com

II Romaría Xadrez Viking Rise absoluto

Organizadores do torneo: Concello de Catoira

Patrocinadores: Romaría Vikinga

Colaboradores: Club Xadrez Fontecarmoa

Data: Sábado 26 de Xullo de 2025.

Lugar de Xogo: Casa do Concello de Catoira

Horario:

  • 10:30 h.           Presentación
  • 11:00 h.           1ª Rolda
  • 12:00 h.           2ª Rolda
  • 13:00 h.           3ª Rolda
  • 16:00 h.           4ª Rolda
  • 17:00 h.           5ª Rolda
  • 18:00 h.           6ª Rolda
  • 19:00 h.           7ª Rolda         
  • 20:00 h.           Acto de Clausura e Entrega de Premios

Segundo o número de inscritos considerarase aumentar o número de roldas.

Sistema de Xogo: Suizo a 7 rondas de 15 minutos + 5 segundos por xogada.

Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada).

As decisións arbitrais serán inapelables.

Utilizarase o programa de emparellamento VEGA.

Inscricións:     Ata o 22 de xullo no correo torneos@cxfontecarmoa.com e no seguinte formulario

Participantes: Ata un máximo de 100 xogadores admitidos por orde de inscrición. Non se admitirán incorporacións pasada a data de inscrición, agás error na recepción dos datos ou decisión da organización.

A solicitude de inscrición ó torneo implica a aceptación da totalidade das bases e normas do mesmo.

Desempates:

  1. Enfrontamento particular (DE)
  2. Buchholz brasileiro* (BH-C1)
  3. Buchholz total* (BH)
  4. Media do buchholz dos rivais* (AOB)
  5. Media das performance dos opoñentes** (APRO)
  6. Sorteo

* Para as partidas non xogadas considerarase a variante Baku 2023 da FIDE tanto para os rivais como para o  propio xogador.

** Para os xogadores non rateados considerarase un Elo de 1400.

Byes:  permítense dous byes de medio punto, excluíndo as dúas últimas roldas.

Tempo de espera: Ata caída de bandeira; a hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñen as pezas brancas.

Coordinador: Angel Francisco Vilas Fernández

Director do Torneo: Manuel Suárez Vallejo

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López

Delegada de Protección do Menor: María Gloria Ruibal Nogueira

Aceptación: Os delegados de cada club e os xogadores inscritos autorizan á organización do torneo a difusión de información ou a utilización de imaxes ou do nome do equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación e en publicidade e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo do seu honor ou reputación, ou que sexa contraria ós seus intereses e sempre dentro do marco legal que se fixa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 15/99, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Premios:

Xeral:

  1. Trofeo
  2. Trofeo
  3. Trofeo
  4. Trofeo
  5. Trofeo

Tramos: Trofeos para os campións Veterán (>50 años), Feminino, Sub-18 y Sub-16.

A organización resérvase o dereito a incluir premios a nivel local para veciños ou nados en CATOIRA.

Premios non acumulables entre si, ni coa Xeral.

Para recoller o premio, e imprescindible estar presente na cerimonia de clausura, no seu defecto declararase deserto.

A Organización resérvase o dereito de realizar os trocos necesarios nas bases ca única obriga da sua previa pubricación na web oficial www.cxfontecarmoa.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.