CAMPIONATOS PROVINCIAIS Pontevedra 2026
Xa están en marcha os campionatos provinciais na Praza da Peixería. Este ano o adianto dos provinciais non permitiu ir a FEXDEGA, onde ainda non remataran as actividades de Fexturrón.
Que fose tan cedo, antes de que os clubs reiniciaran a actividade tras o Nadal, provocou algunhas presas nas inscripcións, e que se apuraran os prazos ó maximo.
Tras o primeiro fin de semana xa temos os resultados das categorías sub8, sub10 e sub16, e xogaronse a metade das rondas de absoluto. Como o ano pasado, estrearon a competición os sub16 o sábado pola tarde. Como é normal en inverno, ou chove ou fai frío. Este primeiro día tocou frío. Iso non impediu que entre ronda os rapaces sairan xogar á pelota, ou quizais por iso foron xogar.
O sábado templou, foi un día máis quente co sábado, pero como dicía antes, se non fai frío chove. E así estivo chovendo case todo o día, hasta prácticamente a derradeira ronda.

No plano deportivo, a categoría sub8 partía cun claro favorito, Asier Cores, o único xogador con elo, e moito máis curtido nas competicións, pois xa ten participado no Circuito Promoción varios anos. O xogador do CX Fontecarmoa levou o ouro tras acadar os 7 puntos en xogo. Tras el, e xa con 5 puntos, quedaron Brais Alvarez do CVC Valladares e Danna Fernanda do CX Mos.

A categoría sub12 tivo unha gran participación, e a piques estivo de superar á absoluta. O rival a bater foi Javier Lema, quen con 2112 de elo case que podería ser candidato a gañar o absoluto. So cedeu unhas táboas na derradeira partida, cando xa tiña o campionato asegurado. A EX Pontevedra conseguía así a súa primeira medalla. Canda el estiveron no podio Yago Brea y Martín González, ambos os dous do Xadrez Mos.
O mellor xogador do club foi Ero Carballa, con 5 puntos. Moi cerca quedaron Lois Roo con 4’5 tras perder a derradeira partida, e Beltrán Bueno cos mesmos puntos.

Os sub16 empezaran as súas partidas o sábado pola tarde, e como unha premonición do que ía pasar foron acabando cada ronda con un cuarto de hora de retraso. O mesmo pasou o sábado, algo que se extendeu a tamén a outras categorías (non a sub8, que acabaron a súa ronda das 5 antes de que remataran a ronda das 4 do abosluto). Non eran moitos e coñecíanse ben, o que fixo que as partidas fosen moi intensas e disputadas hasta en posicións desesperadas.
Hugo Souto partía como cabeza de lista, pero a perda da quinta partida relegouno do podio. O final foi o seu compañeiro do Xadrez Mos Javier del Valle quen gañou o torneo, e que só perdeu unha partida contra Hugo. O segundo clasificado foi outro compañeiro de Mos, Antonio Villot. E o terceiro foi o xogador do CX Lucena David Alvarez. O mellor xogador local foi Yago Ares, coa metade dos puntos.
A categoría absoluta leva medio torneo xogado. Tras as primeiras 4 rondas só Miguel Palacios leva un pleno, con 4 victorias. Tras el 4 xogadores teñen 3’5 puntos: Pampillón, José Luis, Bernardo Rebollo e David Torres. Con medio punto menos temos dous xogadores do club, Oscar Victorero e Gonzalo.
Ainda queda moito e os 4 puntos en xogo poden mudar en moito a clasificación provisional. Hasta o vindeiro domingo non saberemos quen poderá dicir que é o novo campión provincial.







