«

¡¡¡VOLVE O SOCIAL!!!

¡O SÁBADO 22 DE NOVEMBRO TEMOS UNHA CITA NA PEIXERÍA!

Cos últimos días do ano volve a xuntanza anual dos membros do CX Fontecarmoa. Xadrez, diversión, merenda e parranda hasta cansar.

Apuntádeo na axenda, na nevera, onde adoitedes facelo, pero non faltedes a este gran evento xadrecístico do noso club.

As inscripcións nestes enlaces á categoría absoluta ou a sub12. Ou falade con quen vos sexa máis cómodo, pero non quededes sen apuntarvos. E comprobacións en Info64: sub12 e absoluto

BASES

Data:   Sábado 22 de Novembro

Lugar de xogo:  Praza da Peixería

Horario: horarios orientativos, as rondas xogaranse segundo se fagan os emparellamentos      

  • Pesentación e montaxe:       10:30
  • Ronda 1               11:00
  • Ronda 2               12:00
  • Ronda 3               13:00
  • Ronda 4               16:00
  • Ronda 5               16:50
  • Ronda 6               17:40
  • Ronda 7               18:30
  • Ronda 8               19:20
    Cerimonia de clausura: tras o remate da derradeira partida e obtención das clasificacións finais. Hora estimada: 20:15

Sistema de xogo:  

  • Torneo sub-12: suizo a 8 rondas a 20 minutos
  • Torneo absoluto: suizo a 8 rondas a 15 min + 5 seg/mov
  • Aplicarase o artigo A5 (partidas sen supervisión axeitada); no torneo sub12 non se aplicara a directriz III.4 agás casos excepcionais aceptados polo equipo arbitral.

Pregámosvos que manteñades os móviles apagados ou en silencio. Se algún fixera calquera ruido o xogador perderá a partida. O acabar as partidas teremos tamén os móviles en silencio e manteremos un comportamento axeitado para non perturbar as partidas en xogo.

O programa de emparellamento será o VEGA, e non se admitirán reclamacións ós emparellamentos.

Desempates:

Torneo sub12:

  1. Enfrontamento particular DE
  2. Buchholz brasileiro* BH-C1
  3. Buchholz total* BH
  4. Media del Buchholz de los rivales* AOB
  5. Sonneborn-Berger* SB

Torneo absoluto:

  1. Enfrontamento particular DE
  2. Buchholz brasileiro* BH-C1
  3. Buchholz total* BH
  4. Media del Buchholz de los rivales* AOB
  5. APRO**

De se manter o empate, botarase a sortes.

* Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Baku 2023 de la FIDE tanto para o cálculo dos rivais como do propio xogador

** Para os xogadores sen elo considerarase un elo 1400

Byes: pódense pedir hasta dous byes de medio punto no torneo absoluto, agás nas dúas últimas rondas.

Xogadas ilegais: no torneo sub12 permitiranse dúas xogadas ilegais e non se incrementará tempo polas ilegais. No torneo absoluto seguiremos as Leis do Xadrez (pérdese á segunda ilegal).

Tempo de espera: hasta a caída de bandeira

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López, quen tamén xogará.

Arbitros de Auxiliares: os que estean dispoñibles tras acabar as súas partidas.

As decisións do equipo arbitral serán inapelables. Lémbrase que os árbitros dispoñibles tamén estarán xogando, e que é o social, así que ante todo ha primar o compañeirismo e gozar.

Inscripcións: nestes enlaces á categoría absoluta ou a sub12.

Premios:

  • Campionato sub12: trofeos ós 3 primeiros por idades (sub12, sub10 y sub8) e trofeos conmemorativos para todos os participantes.
  • Campionato absoluto: trofeos para os 3 primeiros da clasificación xeral, sub18 e sub14; trofeos para campioas femininas absoluta, sub18 y sub14; trofeos para veteranos masculino e feminino (nacidos no ano 1971 e anteriores); obsequios para todos los participantes.
  • Participantes: merendola tras rematar a entrega dos premios anteriores

Os premios non serán acumulativos agás a merendeola. No caso de optar a varios darase o primeiro ó que se teña dereito segundo a orde na que están anunciados.

Ultimos 10 articulos relacionados con 2026:
¡¡¡VOLVE O SOCIAL!!!
... Ver más.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.