XXXI Memorial Adolfo Pedrido

Un ano máis, e xa van 31, celebramos en Vilagacía o Memorial Adolfo Pedrido, un gran impulsor do xadrez na comarca e en Galicia. Volveuse xogar en FEXDEGA onde puidemos disfrutar dunhas boas instalacións e zonas axardinadas para deleite dos participantes e acompañantes. O tempo, pola súa parte, fíxonos unha xogada tras una semana seca e voltaron as chuvias o sábado. Porén, a temperatura foi moi agradable.
Unha análise que facemos do xadrez galego, é que cada vez hai máis torneos e máis xogadores. Este fin de semana había outros 5 torneos en Galicia, 2 de lentas, 2 de rápidas o mesmo sábado e outro de rápidas o domingo. Pasamos de cando empezou a súa labor don Adolfo de non ter apenas torneos a ter que elixir nun amplo abano de torneos e modalidades.

O noso torneo foi o máis numeroso por esar dentro dos circuitos oficiais da Federación Galega. Os de nenos pertencen ó XVIII Circuito Galego Promoción e o absoluto ó XXXVI Circuito Galego de Xadrez, puntuables para cadanseu circuito. Foi salientabla a participación no torneo absoluto, con case 100 xogadores (cifra que se acadou máis as baixas de última hora fixeron perder) e 9 titulados, entre eles 1 GM, 4 IM e 4 FM. Se non foi a edición máis numerosa, si foi a de maior calidade, con 9 titulados e 19 xogadores con máis de 2000 puntos de elo.
Na categoría absoluta o nivel e os títulos se demostraron sobre o taboleiro. Os 6 primeiros clasificados acapararon os 6 primeiros postos e case mantiveron o seu orde inicial: só Miguel Senlle que partia de sexto e foi subcampión rompeu esa orde.

O campión foi o GM Ibrahim Khamrakulov, o mestre uzbeko con bandeira española do Platija D’Aro. Como se comentara, o xogador do Xadrez Mos FM Miguel Senlle foi o subcampión e o terceiro clasificado foi o FM Xullo del Prado, do Xadrez Ourense.

O IM local Julio Suárez foi o cuarto clasificado, e xunto con Senlle protagonizaron unha das partidas máis longas e duras do torneo na sexta ronda, que acabou gañando o mosense afincado en Londres.
Quinto clasificado foi o IM Mariano Ortega, do Círculo Ferrolano. Quedou sexto Iago Fernández, xogador do CD Marquiño e séptimo o mosense Mateo Pena, quen se enfrentou ó GM Khamrakulov na derradeira ronda como subcampión provisional pero non foi quen de gañar.

O seguinte xogador do CX Fontecarmoa foi Luca Rey, en décima posición e a piques de meterse en premios. Tras puntuar contra Xullo del Prado e Diego Espiñeira, a perda do derradeira xogo contra Senlle deixouno fora dos premios. César Oubiña foi 24º mellorando moito o seu posto de partida, e queremos desexarlle unha pronta recuperación ó seu irmao Ricardo, quen tivo que abandoar o torneo pola tarde ó sentirse mal.

En canto o tramo sub2000, o gañador foi Miguel Morona do CA Lucena. Foi ademáis o noveno na clasificación final. O subcampionato foi para Hugo Souto, do Xadrez Mos e completou o trío Manuel Anxo Cabanas, do CD Marquiño, ambos 21º e 22º respectivamente na xeral.

No sub1800 Iván Sanchez foi o primeiro, e Martín Ferreiro segundo clasificado, ambos os dous da EX Compostela. O terceiro clasificao foi Manuel Enríquez, do CA Lucena. Coincideu que estes tres xogadores acabaron seguidos na clasificaciónfinal, nos postos 28, 29 e 30.

Nos veteranos, cada vez máis veteranos pero repetindo, estiveron José Calos Pena, da Algalia, e Antonio Susavila, do CA Padrón. O teceiro foi un compañiro de Pena, José Sánchez.

Para acabar a categoría aboslua, o premios femeninos foron para as xogadoras Andrea López, Noa López, ambas do CA Lucena, e a terceira clasificada a xogadora do CX Fontecarmoa Irene Diz.

Na categoría sub14 houbo unha boa participación para o que adoita ser nos últimos tempos. Houbo 15 inscritos malia que dous particpantes déronse de baixa antes do comenzo por diversos motivos.

Nesta categoría o campión foi Mateo Chayán do CA Padrón, acompañado por Mateo Pérez do CA Lucena, Andrés Cacabelos da EX Pontevedra, Iván Martínez tamén do CA Lucena e Alvaro Marful, xogador local que conseguiu meter unha pica entre os 5 primeiros e levar un trofeo para casa.

A categoría sub12 foi a máis numerosa das categorías de promoción e tamén a máis disputada. Tiveron partidas que ben se poderían ver no torneo absoluto, algo que non nos debe extrañar se vemos que o primeiro la lista ten case 2000 de elo e os 5 primeiros pasan ben de 1700.

O podio quedou conformado por Javier Lema, da EX Pontevedra; Martín Moreira, compañeiro de Javier; David Alvarez, do CA Lucena; Noé Diz, do CA Padrón; e Telmo Vicente, do Xadrez Rianxo. O mellor clasificado do CX Fontecarmoa foi Lois Roo, na duodécima posición.

A categoría sub10 gañouna Hugo Boquete, da EX Compostela nunha moi emocionante ronda final que rematou cun triple empate a 5’5 puntos. Hugo xogou contra Raúl Gómez, que tiña 5’5 puntos, e a quen gañou conseguindo empatar con el. Por outro lado, Yago Brea tamén acadaba os 5’5 puntos ó gañar a súa última partida contra Abraham Pereira.

Isto rematou con Yago (Xadrez Mos) segundo clasificado, Raúl (CD Marquiño) terceiro e Abraham (Xadrez Arteixo) cuarto. O quinto posto foi para Martín Solla (Xadrez Mos). E sexto clasificado foi Alvaro Freijeiro, do noso CX Fontecarmoa.

Finalmente, entre os máis cativos, o xogador do CX Fontecarmoa Liam Puceiro impúxose rotundamente o gañar as súas 7 partidas. O segundo clasificado foi Martín Lema, da EX Pontevedra e lídes do Circuito. O xogador do CIDU Nuno Moro foi terceiro e Leo González do Xadrez Mos foi cuarto.

O podio completouno Sabela Cores, co seu quinto posto e Asier Cores, compañeiros de clase no CX Fontecarmoa, foi séptimo. Queremos aproveitar para felicitar a Liam tamén polos seu primeiro posto en Narón a semana pasado e o terceiro de Sabela en Santiago a semana anterior.

Logo veu a entrega de premios e trofeos, así como o sorteo de agasallos entreo os cativos que participaron nos torneos de promoción. Pero no foron os únicos que levaron algo para casa, pois todos os participantes levaron unha camiseta de recordo da súa participación do torneo. E contamos con que tamén unha boa lembranza do torneo, que gozaran das partidas e da súa participación que é o que desexamos desde a organización.
E para cerrar esta crónica, quero felicitar a todos os participantes polo seu comportamento e deportividade. E salientable que de case 200 participantes apenas houbo 4 incomparecencias, o cal favorece á competición. Tamén agradecer o traballo da organización, da colaboración para a montaxe e recollida de todo o material, do equipo arbitral e a colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e da Fundación de Deportes. A todos, moitas gracias.