«
»

CAMPIONATOS PROVINCIAIS 2020

INSCRITOS

sub8   sub10   sub12   sub14   sub16   sub18   absoluto

Un ano máis o noso club colabora na organización dos campionatos provinciais de xadrez en colaboración ca Federación Galega de Xadrez e o Concello. Volvermos xogar no Auditorio Municipal, un dos mellores locais dos que dispoñemos na vila e con cabida para os centos de xogadores que adoitan participar ano tras ano.

A competición desenvolverase os días 18 e 19 de Xaneiro en horario de tarde para as categorías inferiores hasta sub16 e en horario de mañá  tarde para as categorías sub18 e abosoluto, xa que ó xogaren a ritmo lento (precisarán anotar as partidas) non hai tempo abondo polas tardes. Os ritmos de xogo son os mínimos que marca o Regulamento de Competicións da FEGAXA.

Como novidade, este ano a categoría absoluta vai xogar 8 rondas, catro o sábado e outras catro o domingo. Xa levabamos varios anos preto dos 64 xogadores máximos que permiten 6 rondas, e o ano pasado superamos esa cifra. Iso obrigou a aumentar unha ronda o sábado pola mañá a tres días do campionato. Este ano queremos evitar esas sorpresas e partimos dun maior número de rondas.

Non sei cantos lembraredes a enquisa feita o ano pasado na que se preguntaba polo formato da competición. A opción de 1 ronda pola mañá non gustou a ninguén; e entre xogar 3 o sábado pola tarde ou dúas pola mañá gañou esta última. Ten tamén a vantaxa de que xogar máis rondas fai un mellor torneo. Por iso optamos por xogar 8 rondas en catro sesións de dúas rondas, empezando o sábado pola mañá.

Deixamos a continuación as bases onde podedes consultar todos os detalles do torneo. Tan so salientar dúas cousas:  que sub18 e absoluto van xogar a ritmo lento e terán que anotar as partidas; e que o prazo de inscripcións remata o día 15.

BASES

Organizador do torneo:   Federación Galega de Xadrez

Colaboran:   Club Xadrez Fontecarmoa  –  Concello de Vilagarcía de Arousa

Datas: Sábado 18 e Domingo 19 de Xaneiro de 2020.

Lugar de xogo: Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (a carón do Porto Deportivo).

Categorías:

Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2012 e posteriores.

Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2011 e 2010.

Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2009 e 2008.

Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2007 e 2006.

Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2005 e 2004.

Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 2003 e 2002.

Absoluto / Senior: nados nos anos 2001 e anteriores.

Sistema de xogo:  

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 8 roldas 30 min finish; aplicarase o apéndice G

Categorías Sub-14 e Sub-16: Suizo a 6 roldas 30 minutos +15 seg por movemento

Aplicarase o artigo A4 (partidas sen supervisión axeitada)

Categorías Sub-18: suizo a 6 roldas 45 min + 15 seg por movemento

Absoluta: suizo a 8 roldas 45 min + 15 seg por movemento

*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org

Calendario de competición:

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12

Rolda 1    Sábado    18        16:00

Rolda 2    Sábado    18        17:00

Rolda 3    Sábado    18        18:00

Rolda 4    Sábado    18        19:00

Rolda 5    Domingo 19        16:00

Rolda 6    Domingo 19        17:00

Rolda 7    Domingo 19        18:00

Rolda 8    Domingo 19        19:00

Categorías Sub-14 e Sub-16

Rolda 1    Sábado  18      16:00

Rolda 2    Sábado  18      17:30

Rolda 3    Sábado  18      19:00

Rolda 4    Domingo 19    16:00

Rolda 5    Domingo 19    17:30

Rolda 6    Domingo 19    19:00

Categorías Sub-18

Rolda 1     Sábado    18    16:00

Rolda 2     Sábado    18    18:00

Rolda 3     Domingo 19    10:00

Rolda 4     Domingo 19    12:00

Rolda 5     Domingo 19    16:00

Rolda 6     Domingo 19    18:00

Categoría  Absoluta

Rolda 1    Sábado    18     10:00

Rolda 2    Sábado    18     12:00

Rolda 3    Sábado    18     16:00

Rolda 4   Sábado    18      18:00

Rolda 5    Domingo 19     10:00

Rolda 6    Domingo 19     12:00

Rolda 7    Domingo 19     16:00

Rolda 8    Domingo 19     18:00

Inscricións:        Ata as 20:00 horas do día 15 de xaneiro en torneos@cxfontecarmoa.com indicando nome, apelidos, categoría e Club. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2020 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.

Poderanse solicitar byes sen puntos antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.

Desempates:

  1. Buchholz brasileiro
  2. Buchholz total
  3. Sonneborn-Berger
  4. APRO
  5. De persistir o empate nos primeiros postos, decidirase ó mellor de dúas partidas a ritmo rápido de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; de seguir empatados xogarase un Armagedón con 5 minutos para as brancas e 4 minutos para as negras.

As partidas non disputadas computarán na modalidade de rival virtual a efectos de desempate.

Inicio das partidas: á hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñan pezas brancas. O tempo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.

Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.

Arbitro principal: AI Evaristo Rodríguez López. Torneo Absoluto y Sub-18.

Árbitros auxiliares:

  • AA Christian Abal Cores. Torneo categoría Sub-16.
  • AA Martín García Paz. Torneo categoría Sub-14.
  • AB Manuel Suárez Vallejo. Torneo categoría Sub-12.
  • AB José Joaquín Leal Montáns. Torneo categoría Sub-10.
  • AB Roberto Vidal Valtuille. Torneo categoría Sub-8.

Premios: para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Obsequios: recordos por participar a todos os xogadores que finalicen o torneo, ca colaboración da CONCELLERIA DE CULTURA e DEPORTES RODAS.

Clausura: ás 20:30 horas do domingo no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

A inscripción neste torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN, a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña, incluso aqueles facilitados polo mesmo coa finalidade de:

Publicar nas páxinas web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixitall co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.

Dita autorización refírese á totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poideran desenvolverse no futuro, e para calquer aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que poideran atentar contra o dereito ao honor nos térmos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección Civil ao Dereito ao Honor, a Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.

A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.

Esta autorización pode ser revocada en calquer momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revocación, polo que a retirada do consentimento, non terá carácter retroactivo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.