«
»

CRONICA RONDA8 – (07-04-2018) SEGUNDA E

CRONICA RONDA8 – (07-04-2018) SEGUNDA E

SEGUNDA E

CXF – DEPORTES RODAS 1.5 – XADREZ ALBATROS B 2.5

Ajustada derrota en un encuentro con dificultades para completar la alineación.

Para comezar considero que hai que agradecer a todolos xogadores de terceira que están xogando no noso equipo polos seus puntos
e esforzo. Creo que nunca seremos de todo conscientes da sorte que temos como clube pola nosa infraestrutura que permite ter
xogadores doutras categorías cando non podes facer unha alineación. Pensemos que rondamos ao redor de dezasete alineacións
cada fin de semana. Isto é posible a través do traballo individual da xente que coordina e dirixe e tamén polos pequenos esforzos
de cada xogador que, non sempre tendo gañas ou cuadrando perfectamente na súa axenda, van a xogar. Isto permite manter unha
estrutura moi grande semana a semana.

Dadas as felicitacións pasamos a comentar a segunda derrota da tempada , esta vez na casa.
No primeiro taboleiro José Maneiro conseguíu unha victoria nunha partida bastante aberta e moi amena. A pesares de levar calidade
de menos a superioridade da posición decantou o punto para os locais.

En segunda mesa, Alejandro Victorero non foi quen de conseguir o punto nunha partida bastante igualada, a maioría do tempo ,
pero que no final de torres e con peóns de menos non puido gañar.
No terceiro taboleiro, David López, estreábase na segunda división sendo este o seu primeiro ano no clube. É un xogador que precisa
rodaxe e adaptarse ao ritmo de tempo da liga pero que será un grande aporte para o próximo ano. Non conseguiu o punto por
un despiste cometido que soubo aproveitar moi ben o seu rival.

Na derradeira mesa, Máximo, outro xogador que aportou o seu esforzo ao noso equipo esta rolda, conseguiu unhas táboas. Non
estivo nada cómodo durante a partida pero conseguiu un medio punto que seguro lle sabe a gloria. Creo que xa se gañou a simpatía
de todos cando ao comezo da rolda, cando se lle preguntou polos apelidos contestou categóricamente: “Décimo Meridio, Máximo
Décimo Meridio”. O axedrez non só e xogar.

Non queda máis que felicitar ao equipo rival que levou unha victoria na súa longa viaxe de volta e agardamos volver a competir da
forma amistosa e agradable coa que o fixemos este fin de semana.

La crónica, a cargo de: JOSÉ MANEIRO BLANCO

RESULTADOS DE LA CLASIFICACION PARA SEGUNDA E (LIGA 2018)


 Sigue estos equipos en directo en: http://www.cxfontecarmoa.com/laliga

Consulta los resultados del club aquí.

Sigue el resultado de las clasificaciones en:

Sigue la Liga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.