«
»

TORNEO PROVINCIAL PONTEVEDRA 2017

thumbnail_provincial-2017

TORNEO PROVINCIAL PONTEVEDRA

BASES

Organizador do torneo: Club Xadrez Fontecarmoa

Datas: Sábado 14 e Domingo 15 de Xaneiro de 2017.

Lugar de xogo: Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (a carón do Porto Deportivo).

Categorías:

Sub – 08 “Promesas”: nados nos anos 2009 e posteriores.
Sub – 10 “Benxamíns”: nados nos anos 2007 e 2008.
Sub – 12 “Alevíns”: nados nos anos 2005 e 2006.
Sub – 14 “Infantís”: nados nos anos 2003 e 2004.
Sub – 16 “Cadetes”: nados nos anos 2001 e 2002.
Sub – 18 “Xuvenís”: nados nos anos 1999 e 2000.

Absoluto / Senior: nados nos anos 1998 e anteriores.

Sistema de xogo:

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12: suizo a 8 roldas 30 min finish; aplicarase o apéndice G

Categorías Sub-14 e Sub-16: Suizo a 6 roldas 30 minutos +15 seg por movemento

Se aplicará el artículo A4 (partidas sin supervisión adecuada)

Categorías Sub-18 e Absoluta: suizo a 6 roldas 45 min + 15 seg por movemento

*Posibilidade de modificar o número de roldas segundo o número de inscritos. A organización está obrigada a anunciar calquera cambio con 48 horas de antelación na web www.fegaxa.org

Calendario de competición:

Categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12

Rolda 1 Sábado 14 16:00
Rolda 2 Sábado 14 17:00
Rolda 3 Sábado 14 18:00
Rolda 4 Sábado 14 19:00
Rolda 5 Domingo 15 16:00
Rolda 6 Domingo 15 17:00
Rolda 7 Domingo 15 18:00
Rolda 8 Domingo 15 19:00

Categorías Sub-14 e Sub-16
Rolda 1 Sábado 14 16:00
Rolda 2 Sábado 14 17:30
Rolda 3 Sábado 14 19:00
Rolda 4 Domingo 15 16:00
Rolda 5 Domingo 15 17:30
Rolda 6 Domingo 15 19:00

Categorías Sub-18 e Absoluta

Rolda 1 Sábado 14 16:00
Rolda 2 Sábado 14 18:00
Rolda 3 Domingo 15 10:00
Rolda 4 Domingo 15 12:00
Rolda 5 Domingo 15 16:00
Rolda 6 Domingo 15 18:00

Inscricións: Ata as 20:00 horas do día 11 de xaneiro en torneos@cxfontecarmoa.com indicando nome, apelidos, categoría e Club. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2017 en clubs da provincia de Pontevedra e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.

Poderanse solicitar byes sen puntos, antes da primeira rolda. Os solicitados posteriormente requirirán consentimento arbitral.

Desempates: Buchholz brasileiro, Buchholz total, Progresivo e APRO (media do performance dos rivais). De persistir o empate decidirase o mellor de dúas partidas a disputar a ritmo rápido de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; e se continua o empate un Armagedón con 5 minutos para as brancas e 4 minutos para as negras.

As partidas non disputadas computarán na modalidade de rival virtual a efectos de Buchholz.

Inicio das partidas: á hora indicada para o inicio da sesión, poranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñan pezas brancas. O tempo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.

Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández.

Arbitro principal: AF Evaristo Rodríguez López. Torneo Absoluto y Sub-18.

Árbitros auxiliares:

* AA Christian Abal Cores. Torneo categoría Sub-16.
* AA Martín García Paz. Torneo categoría Sub-14.
* AB Manuel Suárez Vallejo. Torneo categoría Sub-12.
* AB José Joaquín Leal Montáns. Torneo categoría Sub-10.
* AB Roberto Vidal Valtuille. Torneo categoría Sub-8.

Premios: para os tres primeiros clasificados e a primeira clasificada de cada categoría. Os premios non son acumulativos.

Obsequios: recordos por participar a todos os xogadores que finalicen o torneo, ca colaboración da CONCELLERIA DE CULTURA e DEPORTES RODAS.

Clausura: ás 20:30 horas do domingo no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Aceptación: os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 15/99, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

CONSULTUA DE INSCRITOS

sub8   sub10  sub12  sub14  sub16  sub18  absoluto

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.